Partido Popular de Lugo

O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, SOLICITAR AO GOBERNO CENTRAL QUE RETOME A SÚA COLABORACIÓN INICIAL NAS AXUDAS Á CATALOGACIÓN DO PATRIMONIO BIBLIOGRÁFICO GALEGO

Santiago, 20 de setembro  de 2011.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do PPdeG, solicitar ao Goberno do Estado que retome a súa colaboración inicial nas axudas á catalogación do patrimonio bibliográfico galego, incrementando as axudas e buscando na medida do posible a paridade de achegas entre esta Administración e a Autonómica. O deputado popular Agustín Baamonde, defendeu a equidade nestas axudas, tal e  como ocorría nun primeiro momento co primeiro convenio de colaboración entre o Ministerio de Cultura e tódalas Comunidades Autónomas.

“Esta situación sofre unha modificación na proporción das cantidades asignadas dende o ano 2005 pasando a unha aportación desigual do 60% por parte da Comunidade autónoma galega e o 40% polo Ministerio de Cultura que deben ser adicadas á contratación de persoal” indicou o deputado popular, “ademais de asumir Galicia os investimentos en mantemento e administración de base de datos, o persoal técnico asignado na Biblioteca de Galicia e cursos de formación”.

36 BIBLIOTECAS E 300.000 REXISTROS.- Segundo o deputado do PPdeG,  o contido actual do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia, que se realiza en cumprimiento da Lei do Patrimonio Histórico Español, abarca as obras impresas e manuscritas en 36 bibliotecas galegas cun total de 300.000 rexistros bibliográficos na base de datos e é ademais un proxecto en fase de desenvolvmento e está en proceso continuo de ampliación e depuración.

Para Agustín Baamonde entre os diversos elementos constitutivos do patrimonio histórico atópase o bibliográfico e documental que, polas súas especiais características e polos valores peculiares que encerra, require dunha xestión específica e coidada. “No caso concreto de Galicia a posta en funcionamento da Biblioteca e do Archivo de Galicia, no complexo da Cidade da Cultura, supón poñer a disposición de todos os galegos e galegas uns espazos e recursos humanos de excelencia dedicacos ao seu patrimonio bibliográfico e documental e, polo tanto, ao coñecemento e á memoria colectiva de Galicia”segundo o deputado popular. 

“Esta labor de recollida e recuperación da produción bibliográfica do país se recolle no “Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico” que se elabora conxuntamente polo Ministerio de Cultura e as Comunidades e para o PPdeG “nun momento como o actual no que o Goberno non fai mais que recortar ás Comunidades Autónomas é mais necesario que nunca racionalizar os recursos para obter o maior rendemento dos mesmos e continuar coa colaboración necesaria para a posta en valor na nosa riqueza patrimonial bibliográfica e documental”.