Partido Popular de Lugo

O GPPP lémbralle a Besteiro que para colaborar, primeiro hai que consensuar

Lugo, a 20 de setembro de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular recrimina ó presidente da Deputación a alegría coa que en época electoral promete a execución de proxectos sen asegurase antes de que disporá dos fondos que lle permitan cumprilos. Despois, ante as dificultades económicas, tenta desviar a atención hacia outras administracións requerindoas para que se sumen ó proxecto, pero coas que antes, á hora de diseñar a iniciativa, non contou para nada. O primeiro, recalcan dende o PP, é recabar apoios e colaboración; despois, executar.

Para os populares, a insistencia de José Ramón Gómez Besteiro para que a Xunta se implique agora no desenvolvemento do centro de recría Gaioso Castro, que tanto publicitou como proxecto estrela antes do 22 de maio, pon de manifesto a falta de rigor coa que planifica as actuacións da administración provincial.

Recalcan dende o GPPP que é antes, e non cando a necesidade obriga, cando hai que asegurarse a colaboración entre institucións. E esa búsqueda de colaboración require unha negociación previa e sobre todo a explicación pormenorizada dos detalles da iniciativa, principiando, neste caso concreto, por indicar cal sería o modelo de xestión a seguir ou o propio custo que suporía para os gandeiros o seu uso. Só dese xeito se poden aunar esforzos, consensuar obxectivos e asegurar a viabilidade dos proxectos.

Puntualizan os populares que a Xunta de Galicia está a desenvolver a súas propias iniciativas encamiñandas precisamente a favorecer a actividade productiva dos gandeiros entre as que se inclúen específicamente tamén axudas para a recría de novillas.

Os populares reprochan a Gómez Besteiro que sempre antepoña o interese partidista e persoal sobre o xeral e que, ante as dificultades, tente zafarse da súa responsabilidade. O caso da granxa Gaioso Castro, segundo lembran, non é único. Pretende facer o mesmo coas mini residencias da terceira idade, aínda que neste caso súmaselle o agravante de que a Deputación pretende asumir competencias que non lle son propias.