Partido Popular de Lugo

Novas Xeracións debate as liñas a seguir para emprender o ‘Camiño do Cambio’

Lugo, 17 setembro de 2011.- Novas Xeracións da provincia de Lugo organizou onte na sede do Partido Popular na localidade un coloquio, no que baixo o lema “O Camiño do Cambio”, os mozos da agrupación xunto con personaxes con experiencia no mundo da política analizaron a actual situación que atravesa España e a necesidade de emprender unhas novas liñas de actuación tralas próximas eleccións xerais do 20 de novembro.

No acto organizado pola agrupación político xuvenil vinculada aos populares participaron o ex conselleiro de Presidencia durante o goberno de Manuel Fraga, Xaime Pita; o presidente provincial do Partido Popular, Xosé Manuel Barreiro, o ex presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo e xerente do partido, Manuel Julio Platero e o presidente do PP local, Jaime Castiñeira.

A secretaria xeral de Novas Xeracións da cidade de Lugo, Mar Carballas Piñeiro, abriu o coloquio, que deu comezo ás 20:30 horas e que estivo moderado polo presidente local de Novas Xeracións, Jacobo da Silva Ares.

Durante a clausura, o presidente provincial de Novas Xeracións, Daniel Vega, resaltou a importancia da experiencia “en momentos difíciles”, en referencia ao traballo realizado por Pita, Barreiro e Platero.

Así mesmo, Vega pediulle aos mozos que “andiveran cara o camiño do cambio para que España sexa un país cheo de oportunidades para os mozos. O presidente provincial incentivounos a saír á rúa e gritar alto e claro que nosoutros non queremos un desgoberno. Queremos un goberno que escoite, que recolla e pida a colaboración da mocidade deste país, desta nación, que é España. Neste senso, o presidente provincial recordou a situación de 1996, época na que un goberno popular “levantou a un país da crise”.

Pola súa banda, Xaime Pita tamén valorou positivamente os gobernos dirixidos por José María Aznar, e referiuse a etapa de Rodríguez Zapatero como a dun goberno “nefasto e nulo coa  peor política económica da historia da democracia, deixando así aos mozos fóra de todo tipo de oportunidades”.   Unha opinión compartida por Jaime Castiñeira, quen afirmou que “todos os gobernos socialistas baleiran as arcas, soben os impostos e son expertos na creación de desemprego”.

Así mesmo, Manuel Julio Platero pediulle aos mozos populares que “se entreguen e loiten para cambiar este desgoberno socialista, e así cambiar o rumbo e acadar realmente un goberno progresista”. Mentres que Xosé Manuel Barreiro aconsellou a NNXX ter “unha mensaxe propia para conectar ca sociedade máis xoven e ter un ideario político cheo de sentido común”.

Campaña de afiliación.- Os mozos de Novas Xeracións da provincia de Lugo iniciaron hoxe en Foz a campaña de afiliación, que durante este curso político levarán polos distintos concellos lucenses para, segundo asegurou Daniel Vega, “chegar á mocidade e facer máis forte a estrutura da agrupación coa presenza de representantes en cada municipio”.