Partido Popular de Lugo

Novas Xeracións debate as liñas a seguir para emprender o ‘Camiño do Cambio’

Lugo, 16 setembro de 2011.- Novas Xeracións da provincia de Lugo organizou esta tarde na sede do Partido Popular na localidade un coloquio, no que baixo o lema “O Camiño do Cambio”, os mozos da agrupación xunto con personaxes con experiencia no mundo da política analizaron a actual situación que atravesa España e a necesidade de emprender unhas novas liñas de actuación tralas próximas eleccións xerais do 20 de novembro.

No acto organizado pola agrupación político xuvenil vinculada aos populares participaron o ex conselleiro de Presidencia durante o goberno de Manuel Fraga, Xaime Pita; o presidente provincial do Partido Popular, Xosé Manuel Barreiro e o ex presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo e xerente do partido, Manuel Julio Platero.

A secretaria xeral de Novas Xeracións da cidade de Lugo, Mar Carballas Piñeiro, abriu o coloquio, que deu comezo ás 20:30 horas e que estivo moderado polo presidente local de Novas Xeracións, Jacobo da Silva Ares.

Durante a clausura, o presidente provincial de Novas Xeracións, Daniel Vega, resaltou a importancia da experiencia “en momentos difíciles”, en referencia ao traballo realizado por Pita, Barreiro e Platero.

Así mesmo, Vega pediulle aos mozos que “andiveran cara o camiño do cambio para que España sexa un país cheo de oportunidades para os mozos. O presidente provincial incentivounos a saír á rúa e gritar alto e claro que nosoutros non queremos un desgoberno. Queremos un goberno que escoite, que recolla e pida a colaboración da mocidade deste país, desta nación, que é España. Neste senso, o presidente provincial recordou a situación de 1996, época na que un goberno popular “levantou a un país da crise”.

Xornal ‘O Sentir Popular’.- Novas Xeracións da Provincia de Lugo presentou esta mañá o seu xornal informativo, «O Sentir Popular»,  co que a agrupación política pretende, segundo Vega, “trasladar á xuventude as iniciativas e ideas promovidas dende NNXX”, ademais a publicación permitirá  a interactividade “cos mozos e escoitar as súas inquedanzas”. O Sentir Popular  poderase consultar na páxina web do partido e na de Novas Xeracións.