Guitiriz, a 9 de setembro de 2011.- O voceiro do Grupo provincial do Partido Popular amosouse “moi preocupado” polas consecuencias que “para o conxunto dos concellos da provincia” vai conlevar a devolución dos adiantos percibidos do Estado correspondentes ós exercicios 2008 e 2009.
“No peor momento posible”, segundo indicou José Manuel Barreiro, os 67 concellos da provincia terán que reintegrar ás arcas do Estado 18,4 millóns de euros; os que hai que sumar os 29,3 millóns que lle corresponden á Deputación. Tras reiterar que “estas liquidacións negativas son consecuencia da mala planificación económica do Goberno socialista”, incidiu en que este será un “durísmo golpe” para os municipios. Puxo algúns exemplos. Guitiriz terá que “sacar dos seus orzamentos” más de 303.000 euros; Ribadeo, 532.000 euros; Vilalba, 634.000; Sarria, 533.447 euros e Monforte, 659.000 euros.
Avogou, en consecuencia, polo aprazamento do pago da débeda duplicando o prazo, de cinco a dez anos, para poder facelo efectivo. “Os concellos non son culpables da mala planificación dos socialistas e a realidade é que non teñen capacidade neste intre para facer fronte a estas devolucións. O Goberno debería ter en consideración este contexto e facilitarlles as cousas, non asfixialos”, recalcou.
Con relación á petición deste aplazamento, coincidente coa opinión expresada recentemente polo PPdeG, lembrou que dende o grupo provincial presentaron “ata en dúas ocasións” iniciativas nesta dirección para que a Deputación intercedera polos municipios da provincia ante o Goberno central. “Pero os socialistas, tanto en Lugo como en Madrid, coa axuda do BNG, foron insesibles a este problema”, apuntillou, “Agardo que tras o 20-N haxa un cambio de criterio a este respecto”, engadiu.
José Manuel Barreiro fixo estas declaracións durante a visita que realizou esta mañá a Guitiriz onde, acompañado da voceira adxunta dos GPPP Elena Candia e o rexidor local Xosé María Teixido, entre outros, “comprobou sobre o terreo como a Deputación incumpre os seus propios proxectos”.
OBRAS QUE NON SE AXUNTAN Ó PROXECTO.- Trátase, en concreto, da obra de acondicionamento e dotación de servizos que se está a acometer nas rúas Deputación e Mercado “que debería estar rematada pero que aínda se está a executar” e para a que, segundo puntualizou o alcalde, “no concello non consta que se solicitara a pertinente licenza municipal”.
Así, segundo puideron constatar in situ e comparando o xa feito co proxecto da obra en poder da administración local, as obras acomentidas non se corresponde coas recollidas no proxecto. Por exemplo, a beirarrúa da rúa Deputación, na súa marxe dereita, mide un metro menos do previsto e non contempla a instalación dos contenedores soterrados previstos. Faltan, ademais, mobiliario urbano ou está ubicado en puntos diferentes ós inciais.
A maiores, e como consecuencia das obras, modifícase a disposición dos sentidos de circulación da vía que rodea a Praza do Campo da Feira, deixando un único sentido dende o cruce coa rúa do Mercado ata a de Río Forxá, provando o conseguinte perxuizo ós usuarios.
A maiores, colocaron dous bancos no cruce da rúa Mercado coa Praza do Campo da Feira de tal xeito que é imposible o acceso ou saída por esa vía. Ata tal punto que, en caso dunha emerxencia, nin os bombeiros nin unha ambulancia poderían acceder a esta rúa. Extremo que inclumple claramente a normativa en caso de incendio.
O mandatario local tamén fixo mención a que o importe de licitación do contrato do proxecto presentado no Concello non se corresponde coa adxudicación final realizada o pasado 5 de xaneiro, e publicada no BOP o día 17 por importe de algo máis de 731.000 euros, no que ademais se fai constar a introducción de melloras por valor de pouco máis de 62.000 euros. “No Concello descoñecemos en qué consisten exactamente estas melloras”, asegurou Teixido.
Os populares, que recoñeceron a conveniencia de levar a cabo estas obras de mellora, lamentaron o proceder da Deputación e sobre todo a falta de información e colaboración por parte da administración provincial para aclarar o sucedido. “Está moi ben que se fagan obras pero xa que se fan, deben facerse ben dende o principio. Non están os tempos para permitirse erros que de xeito doado poderían terse evitado”, concluiron.