Palas de Rei, 8 de setembro de 2011.- “Os concellos pequenos, en momentos económicos difíciles como os actuais, botamos en falla o apoio da Deputación”. Así o asegura o alcalde de Palas de Rei Pablo Taboada, quen deste xeito coincide coa apreciación do secretario provincial dos socialistas Ricardo Varela de que debería ser a administración provincial a que liderara a unión entre municipios para asegurar a viabilidade na prestación de servizos. “Pero parece que a Deputación está a outras cousas”, apuntillou.
“Se a Deputación colaborara sería estupendo, pero a realidade é que non o fai e nós temos que dar con urxencia solución ós problemas que temos. Plantexámonos mancomunar servizos por necesidade e deixando á marxe os colores políticos, como ben demostramos onte”, recalcou Taboada.
Para o rexidor palense “dada a situación” no podemos agardar a que unha administración, “que non parece estar disposta a axudar ós concellos a superar as dificultades ás que se enfronta, se decida a facer algo”, así que “optamos por tomar nós a iniciativa”.
En calquera caso, Taboada Camoira insiste en que os responsables da administración provincial terán que explicar as razóns polas que “en este momento tan difícil” dá as costas ós concellos, “máxime cando o seu deber primordial é precisamente apoialos”.
A este respecto exhortou ós socialistas a poñerse de acordo entre eles, “porque quedou ben patente que cada quen ten unha opinión distinta a este respecto”, e animounos a “aunar esforzos en beneficio dos veciños”.