Partido Popular de Lugo

Os alcaldes populares de A Ulloa, Taboada, Guntín e Portomarín consideran positivo mancomunar servizos

Lugo, a 7 de setembro de 2011.- Os alcaldes populares de Taboada, Portomarín, Palas de Rei, Guntín e Antas, que hoxe mantiveron, xunto co de Monterroso, unha reunión para sopesar a posibilidade de mancomunar servizos, amosáronse convencidos de que esta opción pode constituir unha alternativa axeitada para optimizar recursos e reducir gastos.

Neste eido, salientaron que dada a difícil situación económica e a importante mengua nos ingresos que perciben os concellos, é perentorio buscar alternativas que permitan manter os servizos pero tamén reducir os seus custos. Dúas condicións que, segundo indicaron, cúmplense mancomunando servizos.

Así, tras valorar positivamente esta alternativa que, segundo lembraron, xa foi defendida polo Partido Popular coma unha opción idónea para facer viable e sostible a prestación dalgúns servizos, indicaron que deixaron pendente a concreción da iniciativa para un próximo encontro que se desenvolverá nos vindeiros días. A razán para elo é que así os respectivos rexidores teñan tempo de explicar e consensuar cos seus respectivos equipos de goberno os detalles da tramitación que deberá seguirse a partir de agora.