Partido Popular de Lugo

O GPPP apremia á Deputación a “rematar xa” o polígono de Ourol

Ourol, a 3 de agosto de 2011.-  O grupo provincial do Partido Popular, por medio do seu voceiro José Manuel Barreiro e os deputados pola comarca da Mariña Elena Candia, Jesús Novo e José Manuel Gómez, apremiou hoxe en Ourol á Deputación a que execute as obras que están pendendes no polígono industrial desta localidade. Trátase, ademais do acondicionamento das parcelas e a dotación de servizos básicos, do arranxo do “único” vial de acceso, a CP 3809, que presenta, segundo dixo, un estado lamentable “no que nin sequera se poden cruzar dous camións”.

Os deputados populares, acompañados de representantes da administración local, sembraron que tanto dende o Concello como dende o propio grupo provincial instouse “en reiteradas ocasións” durante a pasada lexislatura á Deputación a que “acometera as obras pendentes para que esta infraestructura puidera cumprir os seus obxectivos”. 

Recalcaron que “a tardanza da Deputación en facer as obras” provocou que empresas interesadas en instalarse neste municipio “se botaran para atrás dado que, ademais de carecer de servizos básicos como luz e telefonía,  tiñan que asumir o custo do necesario movemento de terras para acondicionar as catro parcelas dispoñibles”. 

Salientaron asimesmo que “dado o contexto socioeconómico actual, non estamos en condicións de desaproveirar oportunidades que permitan a xeración de riqueza e a creación de postos de traballo”, polo que acusou á Deputación, e nomeadamente ó seu presidente José Ramón Gómez Besteiro, “de causar un grave perxuizo ós intereses do Concello e os seus veciños”. 

Por elo e para evitar “causar máis dano”, o GPPP instou á Deputación a “cumprir xa e sen máis demoras coas súas obrigas”.  

REUNIÓNS COMARCAIS.- Por outra banda, o Grupo provincial do Partido Popular iniciou hoxe en O Vicedo un calendario de reunións comarcais que terán como obxectivo, ademais de trasladar os diferentes concellos a actuación que se está a levar na Deputación, recabar información e suxerencia de cara a presentación de iniciativas nesta institución.