Lugo, a 29 de xullo de 2011.- O senador popular José Manuel Barreiro instou ó secretario de estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, a que «aporte solucións» para que os concellos e a Deputación de Lugo poidan facer fronte ó pago dos «máis de 30 millóns de euros» que terán que devolver ó Estado como consecuencia das liquidacións negativas correspondentes ós exercicios 2008 e 2009.
Barreiro salientou que o pago desta débeda provocará «graves problemas ós concellos, xa cunha situación económica moi delicada» e lembrou que o Goberno central é o responsable desta situación polas «erróneas» previsións económicas que fixo derivadas de «negarse» a recoñecer a crise.