Partido Popular de Lugo

Ana Pastor respalda a Lugo para que sexa referente nacional no estudo de E-Coli

Lugo, a 29 de xullo de 2011.-  A coordinadora de Participación Social do Partido Popular e ex ministra de Sanidade Ana Pastor durante a visita que realizou hoxe á facultade de Veterinaria de Lugo comprometeu o seu respaldo para que o laboratorio de Microbioloxía se converta en referente nacional no estudio de E-Coli.

Durante a visita as instalacións, nas que estivo acompañada, entre outros, polo senador José Manuel Barreiro, a deputada nacional Olga Iglesias e o voceiro popular municipal Jaime Castiñeira, Pastor destacou o importante traballo de investigación desenvolvido nas áreas de microbioloxía e farmacoloxía da facultade lucense.