Lugo, a 26 de xullo de 2011.- Alcaldes e voceiros do Partido Popular participaron esta tarde nun encontro con Samuel Juárez, conselleiro de Medio Rural, para coñecer de primeira man o borrador da nova Lei de Montes.
O acto, ó que tamén asistiu o presidente provincial José Manuel Barreiro, enmárcase dentro das reunións que periódicamente promove o Partido Popular de Lugo con membros do goberno galego para que den conta de xeito directo de asuntos que, pola súa transcendencia, resulten de relevancia para o interese dos concellos e por conseguinte dos veciños desta provincia.