Partido Popular de Lugo

NNXX estuda o anteproxecto de lei da xuventude para enviar propostas

Lugo, 6 xullo de 2011.-   Os presidentes provincial e local de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega e Jacobo Da Silva, respectivamente, xunto coa edil na oposición de Servizos Xerais, Xuventude e Novas Tecnoloxías, Raquel Castiñeira, participaron onte nunha xuntanza informativa sobre o anteproxecto da Lei de Xuventude organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. O obxectivo da agrupación político xuvenil é estudar e debater o anteproxecto para poder formular propostas que complementen o acordado ata o momento.

Neste sentido, trala reunión celebrada onte, Daniel Vega quixo manifestar a súa satisfacción ante o feito de que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado se adique a explicar o anteproxecto de lei aos xóvenes. Segundo Vega, reunións como a que mantiveron onte permiten “manter conversas  fluídas, intercambiar información e dar novas propostas co obxectivo de que o resultado sexa positivo para todos”.

Así, o presidente provincial asegurou que dende a organización provincial estanse celebrando debates no seu organismo interno para valorar e mandar suxerencias ao departamento de Xunta dirixido por Ovidio Rodeiro.