Lugo, 4 de xullo de 2011.- O deputado nacional, Joaquín García Díez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo con distintas asociacións de colectivos con discapacidade da provincia de Lugo.
Este encontro forma parte dun calendario de traballo que o deputado mantén con periodicidade con estas asociacións. No encontro de hoxe estiveron Auxilia, Apsnais, Síndrome de Down Lugo, Cogami, Alcer, Alucem, Acadar, Aluxor, Asociación Española contra el Cancer …
O deputado nacional, Joaquín García Díez, informoulles das distintas iniciativas debatidas e aprobadas na Comisión para las Políticas Integrales de Discapacidad del Congreso de los Diputados. A máis recente, con data do 21 de xuño, na que o GPPP por mediación do deputado lucense logrou introducir modificacións a unha proposición non de lei para a creación dun foro de debate e reflexión sobre deseño, aplicación e seguimento de políticas públicas en materia de discapacidade, no senso de que dito foro se desenvolva no prazo máximo de tres meses e que estén representados no mesmo os grupos políticos con representación parlamentaria.
As conclusións deste foro se presentarán diante da Comisión Comisión para las políticas integrales de discapacid del Congreso de los Diputados como base para a elaboración dunha Estrategia Española de Discapacidad 2012-2020.
Por parte das asociacións que acudiron á xuntanza se presentaron cuestións relativas á integración laboral esixindo que se cumpran as porcentaxes que a lei fixa para reserva de prazas para persoas con discapacidade, un maior control e seguimento das subvencións dos distintos organismos públicos, a súa preocupación con aquelas persoas que non alcanzan o grao de discapacidade dentro da lei da dependencia.
Por último tamén fixeron fincapé nos problemas que teñen as persoas que carecen de estudos de ensinanza secundaria obligatoria para acceder a cursos de formación ocupacional e que hoxe se esixen para moitos destes cursiños.
García Díez “animoulles a que a pesar das dificultades orzamentarias que se prevén aproveiten a maior sensibilidade colectiva da cidadanía así como a unión entre as asociacións para poder facer máis forza e sacar adiante o maior número de proxectos”.
Ámbito local.- Nesta xuntanza tamén participou a concelleira responsable da área de Servizos Sociais e Igualdade do PP do concello de Lugo, Mari Teijeiro quen aproveitou para trasladar aos distintos colectivos da cidade a súa disposición a traballar a prol da mellora dos dereitos dos veciños con discapacidade e invitounos a facerlle chegar as súas demandas comprometéndose a trasladalas, vía iniciativas, á administración local.