Partido Popular de Lugo

O PPDEG PIDE MANTER O IMPULSO NO SEO DO CONSELLO FORESTAL PARA APROBAR NO PRÓXIMO PERÍODO DE SESIÓNS UNHA LEI DE MONTES CONSENSUADA QUE VALORICE O MONTE E CONTRIBÚA Á PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Santiago de Compostela, 29  de xuño de 2011.- A voceira de Montes do PPdeG, Emma Álvarez Montes, defendeu hoxe no pleno do Parlamento unha emenda a unha moción socialista na que solicita da Xunta de Galicia manter o impulso no seo do Consello Forestal, cos axentes do sector e grupos parlamentarios, co fin de promover un  texto consensuado da Lei de Montes de Galicia que sexa aprobada no próximo período de sesións. A finalidade de esta será a de promover unha valoración integral e aproveitamento multifuncional do monte que contribúa á prevención de incendios e a preservar a riqueza medioambiental e paisaxística.

Na emenda popular tamén se solicitaba  continuar a execución do Programa de Desenvolvemento Rural no sector forestal e asinar convenios de colaboración cos concellos, para saneamento  en vías e camiños e outras superficies municipais no caso de que aínda quede algún por asinar .A deputada popular lamentou que esta iniciativa non puidera someterse a votación “dada a intransixencia dos socialistas que prefiren instalarse na loita política antes que intentar chegar a acordos como amosan coa súa pouca disposición a buscar unha transacción neste tema”. 

NON A LOITA PARTIDISTA.- A deputada popular Emma Álvarez razoou na súa intervención que “o feito máis estéril que se pode producir en torno aos incendios forestais é a loita partidista que aviva o lume político, sen ter en conta que detrás dos incendios forestais está a man do home e falamos dun tremendo operativo e un tremendo gasto público para loitar contra os efectos dunha actividade delictiva como é a que está detrás do 80% dos lumes que se producen en Galicia”. 

Nese sentido Emma Álvarez pediu que “a sociedade se involucre e denuncie estes delictos para reducir a mínima expresión a actividade destes bárbaros que atentan contra o patrimonio galego, porque non se equivoquen que os montes arden aínda estando ben xestionados se hai quen lles prende lume”.

Na emenda defendida tamén solicitou promover a redacción dos plans municipais de prevención e defensa dos incendios forestais, que inclúan a concreción dos perímetros de e manter o impulso a través do Comité de Coordinación Policial Antiincendios para a loita contra a actividade delictiva incendiaria.

Na colaboración cos concellos para a protección de núcleos a deputada popular instou a voceira socialista a que “deixe de marear a perdiz e unha mentira mil veces repetida non acaba de converterse en verdade”. Nese sentido criticou a interpretación sesgada que fai do artigo 59 da lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia “na que se especifica a obriga dos propietarios ou, alternativamente, a execución subsidiaria pola Administración local a costa dos propietarios e que non é posible aplicar fondos públicos para esa acción”. 

Recordou, así mesmo, que a colaboración que se está a producir cos concellos é “asinando convenios, para o desbroce dos marxes das pistas municipais e estradas municipais cun orzamento de 2,6 millóns de euros e que da cobertura a uns 40.000 kilómetros aproximadamente”.

A deputada popular criticou o “alarmismo que os socialistas  queren propiciar nos medios de comunicación, poñendo en evidencia os escasos coñecementos que teñen sobre a lexislación vixente ao respecto dos perímetros”. Nese sentido Álvarez Chao indicou que “o certo e que para os núcleos poboacionais a menos de 400 metros do monte a lei de incendios marca 100 metros libres de vexetación seca e 50 sen especies arbustiva do borde da vivenda ou do perímetro do núcleo,  algo incongruente pois despois  rebaixa aos 50 metros para as casas situadas en zonas de alto risco”.

Dende o Grupo Popular, indicou a deputada, “creemos que non hai diferencia entre alto e baixo risco para as casas cando chega o lume, por iso no proxecto de lei de montes se establece un  límite único de 50 metros desbrozados e 30 sen especies pero non do borde da vivenda construídas fora do núcleo, senón dende o perímetro da propiedade ou do perímetro do núcleo rural de ser o caso”. Desta forma nalgúns casos o que marca a Lei de incendios no referido a franxas de protección aínda se incrementan no proxecto de Lei de Montes “ indicou Emma  Álvarez.