Lugo, 25 xuño de 2011.- Arroupado por importantes representantes do PP local, provincial e autonómico, Jacobo Da Silva foi elixido esta mañá presidente de Novas Xeracións de Lugo Cidade durante o transcurso do primeiro congreso local da agrupación política. Da Silva é o novo dirixente en substitución de Cristina López Rois, que presidía a xestora local de NNXX, e acadouno co voto a favor de 20 afiliados, un voto en branco e outro nulo.
Durante a súa primeira intervención xa como presidente da xunta local, Da Silva comprometeuse a “escoitar as inquietudes e necesidades do conxunto da xuventude lucense, para poder logo transmitilas e defendelas dentro do Partido Popular”. Da Silva asegurou que “dos socialistas non podemos esperar nada”. Segundo as súas palabras “para Orozco vivimos nunha cidade onde todo é perfecto e marabilloso e non son capaces de pararse un momento a pensar que despois de doce anos de goberno socialista seguimos na cola de Galicia en moitos ámbitos”. Dada esta situación “propóñome liderar este proxecto para chegar a todos e cada un dos xóvenes desta cidade”, concluíu.
O novo presidente da agrupación política local estivo acompañado no acto do presidente provincial do PP, Xosé Manuel Barreiro; o seu homónimo na xunta local, Jaime Castiñeira, xunto doutros membros do goberno local. Tamén se veu arroupado do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez.
Dende Novas Xeracións, acercáronse hoxe a Lugo o seu presidente rexional e a súa secretario nacional, Javier Dorado, o secretario autonómico da agrupación, Juan Francisco López Prieto, así como o presidente provincial, Daniel Vega.
Vega reincidiu na tendencia da agrupación de continuar coa organización de congresos locais para “consultar aos afiliados, non opoñer”. Así mesmo, Vega tamén se manifestou crítico contra as políticas do goberno socialistas que incrementan as listas dos xóvenes en desemprego, e asegurou ser necesario “manifestarse contra xestións políticas que só repercuten no bolsillo dos políticos”.
Pola súa banda, Javier Dorado referiuse a política como unha me¡stura entre “pasión e racionalidade” e convidou a Jacobo Da Silva a chegar a 400 xóvenes “que foron os votos que lle faltaron a Jaime Castiñeira para obter a alcaldía”. De igual maneira, fixo referencia aos 112 afiliados a NNXX que asumen posto de concelleiros dende as eleccións locais, un deles alcalde, así como a dous parlamentarios. O que segundo Dorado evidencia a “preocupación do Partido Popular polos novos, ademais de vir de presentar un anteproxecto de lei da xuventude”.