Partido Popular de Lugo

O PPDEG INSTA AOS SOCIALISTAS A “DEIXAR DE AVIVAR O LUME POLÍTICO COS INCENDIOS CO SEU ALARMISMO E AS SÚAS ACUSACIÓNS TEMERARIAS”

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2011.-  O PPdeG, a través da súa voceira de Montes, Emma Álvarez Chao, insta aos socialistas a “deixar de avivar o lume político cos incendios co seu alarmismo e as súas acusacións temerarias e comecen  a mirar cara adiante cunha oposición constructiva”. A deputada popular lamenta que xoguen cos datos dos lumes xa que “os cidadáns esperan de nós unha actitude máis cívica entorno a lacra incendiaria”.

Para a deputada popular “están mais interesados en conquerir un titular que en buscar resposta e arrimar o ombreiro neste tema de país” e así se referíu aos datos aportados polos socialistas que tratan de confundir aos cidadáns. Nese sentido Alvarez Chao recordou  que “pese a que foi unha primavera anómala, con máis calor e menos choiva do normal, o número de incendios rexistrados no primeiro cuatrimestre foi  inferior a media dos últimos 10 anos e mesmo inferior ao número de lumes no 2009, co goberno bipartito na Xunta de Galicia e foron menos tamén as  hectáreas afectadas”. A deputada popular indicou, polo tanto, que “o lume non entende de cor política polo que non é entendible o seu esforzo en politizar os incendios cunha actitude que o único que conseguen e alarmar innecesariamente a cidadanía, e ocultar o verdadeiro responsable da problemática que é o incendiario”. Así mesmo engadiu que “non falamos da loita contra un proceso aleatorio ou natural, falamos dun tremendo operativo e un tremendo gasto público para loitar contra os efectos dunha actividade delictiva como é a que está detrás do 80% dos lumes que se producen en Galicia”.

A deputada popular lamenta que os socialistas non teñan nada novo que dicir e non deixen de “marear a perdiz” co tema da colaboración cos concellos. Nese sentido indicou que este ano se están tramitando convenios por importe de 2,6 millóns de euros para o desbroce dos marxes das pistas municipais e estradas  municipais nuns 40.000 km aproximadamente”.

Ao respecto da Lei de Montes , Emma Álvarez Chao indicou que “posibilita un reparto mais xusto e equilibrado das responsabilidades de cada quen nos perímetros e os cambios nestes se fixeron   acordo a criterios técnicos que sosteñen que as franxas poden reducirse e seguir sendo operativas e que sempre é mellor que exista unha separación realista e realizable fronte a situación actual”.