Partido Popular de Lugo

Da Silva aspira a presidir NNXX de Lugo cun proxecto centrado no rural, nos colectivos máis desfavorecidos e no reforzo da organización

Lugo, 23 xuño de 2011.-  O único aspirante a presidencia de Novas Xeracións da Lugo cidade, Jacobo da Silva Ares, presentoulle esta tarde  aos afiliados o seu programa cuxas principais liñas de traballo se centran na preocupación polos xóvenes do rural e de colectivos desfavorecidos, así como polo reforzo da organización tanto a nivel interno como de contacto cos afiliados.

No encontro, Da silva amosou o seu interese por dignificar a viva dos xóvenes que fan viva no campo, para elo fomentará xornadas no rural xa que “ao igual que o noso partido cremos no rural e non cremos na política de olvido do Partido Socialista que obriga a que xente nova siga sen internet”. 

Así mesmo, o candidato comprometeuse a apoiar con distintos actos e campañas aos colectivos máis desfavorecidos. Neste sentido, buscará a colaboración coa concellería de servicios sociais e desta forma loitará por levar a cabo “unha política social e solidaria”.

O proxecto presentado pola candidatura tamén busca o reforzo da estrutura de Novas Xeracións, así como a súa coordinación tanto interna como de relación cos seus afiliados. Para acadalo, o programa liderado por Jacobo Da Silva fomentará a afiliación e o vínculo cos afiliados a través do día das portas abertas semanalmente, o que segundo Da Silva permitirá “reunirnos de forma máis aberta para falar sobre os nosos temas”. Neste sentido, creará a vicesecretaría de distritos “para traballar cóbado a cóbado con eles e integrar en NNXX a todos os xóvenes”.

De igual maneira,  o programa recolle a creación dun clube xuvenil, que tamén funcionara de escola de formación, adosado á xunta local para que afiliados menores de 18 anos podan emprender as súas actividades. Nesta preocupación pola formación, dende NNXX pretenden dotar aos membros da xunta e a afiliados de técnicas de oratoria e motivación. 

En canto a coordinación, a candidatura que concurrirá o próximo sábado  pretende o reforzo do partido nos actos públicos e electorais, o contacto directo cos coordinadores da xunta autonómica e provincial, así como a procura dunha maior presencia na Universidade de Lugo.

Por último, Jacobo Da Silva pretende que NNXX priorice a renovación dos portais de internet e o acceso a novas redes sociais.