Partido Popular de Lugo

Os voceiros populares promoverán a aplicación de medidas encamiñadas a sanear a economía dos concellos

Lugo, a 21 de xuño de 2011.- O presidente e o secretario xeral do PPdeLugo, José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro respectivamente, mantiveron un encontro cos voceiros municipais da formación política que, tras os comicios locais do pasado 22 de maio, estreanse neste cometido.

Durante a reunión de traballo, os novos voceiros populares puxeron en común os procesos de constitución das corporacións locais dos seus respectivos concellos e consensuaron o establecemento de liñas básicas de actuación común no seu traballo como oposición. Así, acordaron basear a súa labor fiscalizadora da acción do goberno sobre os principios de rigor e a responsabilidade. 

Entenden que a difícil situación económica na que se atopan os concellos por mor da crise fai ineludible a contención do gasto e a aplicación de plans de saneamento económico polo que unha das súas premisas de partida centrarase precisamente en facilitar ou propoñen no seu defecto a posta en marcha de medidas nesta dirección.