Partido Popular de Lugo

Lugo acolle o día 25 o seu congreso local de NNXX no que se elixirá ao novo presidente da agrupación

Lugo, 18 xuño de 2011.- Lugo acollerá o próximo día 25 o congreso local de Novas Xeracións no que se elixirá ao novo presidente da agrupación político xuvenil na cidade. Ata o momento é unha xestora, renovada no mes de outubro do pasado ano e presidida por Cristina López, a que se encarga da organización de Novas Xeracións na localidade. O actual secretario xeral da xunta xestora local, Jacobo da Silva, é polo momento o único candidato a presidir no próximo mandato a Novas Xeracións de Lugo Cidade.

Coa celebración do congreso na cidade lucense, Novas Xeracións da provincia de Lugo  dá inicio a súa tentativa de organizar congresos de forma paulatina nas diferentes localidades nas que a agrupación vinculada aos populares está rexida por unha xestora local. O propósito foi acordado no último comité de dirección e con elo a provincial buscar dotar de maior formalidade as actuais xestoras e permitir a elección democrática dos seus cargos.

En palabra do presidente provincial, Daniel Vega, con esta decisión organizativa   “apoiaremos a cada agrupación local e permitiremos que cada afiliado decida por sí mesmo á persoa que desexa que coordine o proxecto na súa cidade”. Vega tamén informou de que, polo momento, está previsto que o seguinte congreso teña lugar en Monforte de Lemos o próximo día 1 de xullo.