Partido Popular de Lugo

Catarina Blanco asume a dirección de Novas Xeracións en Guitiriz

Guitiriz, 18 xuño de 2011.- A executiva local de Novas Xeracións de Guitiriz constituíuse esta mañá nun acto celebrado na Casa das Palabras e no que participaron o rexedor local, Xosé María Teixido, xunto con outros membros da corporación local e representantes de Novas Xeracións da provincial, entre eles o seu presidente, Daniel Vega. 

A nova presidenta de NNXX de Guitiriz, Catarina Blanco,  ofreceulle todo o apoio da nova executiva aos populares locais e refiriuse á xente nova como “o presente que garantiza o futuro do partido”.   A xestora intégrana o secretario, Alexandre Losada; os coordinadores, Raquel Broz e Daniel Otero; e os vogais,  Sandra Seren, Ana Arós, Miguel Saavedra, Rafael Saavedra e Marta López.

Pola súa banda, o presidente provincial de Novas Xeracións da Provincia de Lugo, Daniel Vega, felicitou á nova executiva así como ao recén elexido rexedor local.  Durante a súa intervención Vega agradeceu a decisión dos xóvenes de “implicarse e traballar pola mellora da situación que se está a vivir” e que segundo o presidente provincial, “unha solución a esta complicada situación pasaría polo adelantamento das eleccións”. En referencia a esto, Vega dirixiuse ao candidato socialista, Alfredo Pérez Rubalcaba, coa expresión “llámame candidato, llámame Alfredo, elegido a dedo”.

O presidente da executiva provincial da agrupación política vinculada aos populares recordou que tralos comicios do 22 de maio moitos xóvenes afiliados a Novas Xeracións forman agora parte de gobernos locais “donde viven a realidade día a día, a través da política municipal, a máis complicada e cercana, pero tamén a que máis axuda”.  Segundo Vega, esto evidencia que “non todos os xóvenes están co 15 M”, ao tempo que asegurou entender as manifestacións contra unha xestión –en referencia ao goberno socialista– pero non contra o sistema “xa que a democracia goza de magnífica saúde”.

Por último, o alcalde local, Xosé María Teixido, tamén agradeceu aos xóvenes que se involucraron na agrupación xuvenil e asegurou que no seu traballo diario estarán presentes os máis novos.