Partido Popular de Lugo

O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE RECORRER AOS INCENDIOS COMO ARMA POLÍTICA É PROPIO DE PARTIDOS DERROTADOS E CARENTES DE IDEAS

Santiago, 2 de xuño de 2011.- Ante as críticas vertidas pola deputada socialista Sonia Verde respecto á política de loita contra os incendios forestais da Xunta, o Grupo Popular salienta que recorrer aos incendios como arma política é propio de partidos derrotados e carentes de ideas. “Parece que a difícil situación na que se atopa o PSOE leva a ese partido a esquecer as súas demandas de apartar do debate político este asunto e, lonxe diso, o utiliza sen fundamento para atacar ao Goberno galego”, apunta a voceira de Montes do Grupo Popular, Emma Álvarez Chao.

Álvarez Chao lembra que o PLADIGA 2011 mantén practicamente o mesmo número de efectivos que o pasado ano e replícalle a Sonia Verdes que “a única desfachatez é que os socialistas pretendan dar leccións nesta materia”. Nese sentido, lembra que o PSdeG “presidiu o Goberno da Xunta que pasará á historia pola súa nefasta xestión na vaga lumes de 2006”.

A deputada sinala que a preveción de incendios por parte da Xunta realizase principalmente por parte do persoal propio dos Servizos de Prevención e Defensa de Incendios Forestais, integrado por preto de un millar e medio de persoas. Unhas tarefas que se completan, tamén dende sempre e con todos os Gobernos da Xunta, coas contratacións a través da estrutura profesional das empresas do sector e, a maiores, tamén se realizan a través de SEAGA, cuxos traballadores “constitúen un reforzo na loita contra incendios durante os meses de verán”. “SEAGA só participou intensamente na prevención de incendios co Goberno Bipartito no ano 2008, curiosamente coincidindo cun período electoral”, sinala Álvarez Chao.

VALORIZACIÓN DO MONTE.- A voceira de Montes dos populares resalta que o actual Goberno da Xunta está a traballar intensamente na prevención e na valorización do monte galego, “fundamental na loita contra a lacra dos incendios”, algo que PSOE e BNG “defendían antes de acceder ao Goberno da Xunta, esqueceron unha vez gobernaron e agora desprezan”. A ese respecto, destaca medidas como o impulso das Sociedades de Fomento Forestal, a Lei de Mobilidade de Terras ou a futura Lei de Montes.

Medidas desenvolvidas “sen esquecer a extinción”, apunta a deputada popular, quen destaca que o PLADIGA 2011, ademais de manter a continuidade no número total de efectivos –máis de 6.000 persoas-, dispón de arredor de 40 medios aéreos e outros 300 en terra e introduce “novidades que melloran o dispositivo, optimizan os custos e incrementan a eficiencia operativa global do servizo”. Entre elas, salienta a introdución de avións lixeiros de coordinación.