Lugo, 23 de maio de 2011.- O candidato popular á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira valorou esta mañá «moi positivamente» o resultado das eleccións de onte, nas que o PP no Concello de Lugo foi a forza máis votada das sete grandes cidades, superando incluso a porcentaje de votos dos candidatos do PP en Ferrol, na Coruña e Santiago, que obtiveron maioría absoluta.
Castiñeira recordou que nos últimos catro anos Orozco gobernó sendo a forza máis votada con 12 concelleiros, polo que lle pediu que «democraticamente asuma o resultado» e «igual que o PP lle permitiu ao PSOE gobernar o Concello, agora que sexan xustos con nós e que se comporten do mesmo xeito que o fixemos nós».
Reclamou o dereito a gobernar que lexitimamente arroxaron as urnas, xa que Lugo votou por un cambio, como demostra a victoria no 70% das mesas electorais do Concello. Nese senso, pediu que se respecte a vontade masiva dos lucenses. Por iso, está disposto a entablar contactos co obxectivo de que a lista máis votada sexa a que forme goberno.