Foz, a 20 de maio de 2011.- O presidente do PPdeLugo avogou hoxe en Foz porque o domingo se exerza o dereito ó voto e se faga, según recalcou, “con responsabilidade e pensando no futuro do país”.
“Temos que dar solucións ós problemas que aflixen ós veciños de Foz e que non son moi distintos ós demais concellos desta provincia e mesmo ó resto de España. Outra forma de gobernar é posible”, explicou.
José Manuel Barreiro, que xunto a Samuel Juárez, respaldou a candidatura de “progreso, rigor e ilusión” que encabeza Javier Jorge Castiñeira, comprometeuse a que se o PP goberna na Deputación, aumentará as axudas económicas adicadas a respaldar a actividade pesqueira. Así, respaldarase ó sector marisqueiro otorgano axudas para o seu sementado; o sector empresarial para promover a súa modernización, así como ós mariñeiros e as cofrarías.
Promover o consumo de productos derivados da actividade pesqueira galega, procurando que se indentifique no punto de venta ó por menor e que se diferencia o peixe segundo a súa procedencia, captura e presentación e apoiar tanto a mellora da capacidade da flota pesqueira lucense como a mellora dasinstalacións portuarias serán outros dos aspectos sobre os que incidirán os populares.
Barreiro tamén asegurou que a Deputación integraríase no padroado da Fundación Expomar.