Partido Popular de Lugo

Feijóo: “Zapatero dixo en 2009 que votar ao candidato do PSdeG era o mesmo que votarlle a él; agora toca botalo, pero con b”

Lugo, 19 de maio de 2011.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que “Zapatero vai vir a Galicia a pedir o voto e si, imos botalo, pero con b”.

Así se expresaba Feijóo hoxe en Lugo, nun mitin xunto ao candidato á Alcaldía, Jaime Castiñeira, e o presidente provincial, Xosé Manuel Barreiro, onde criticou que o presidente do Goberno non viñese a Galicia en dous anos como presidente do Goberno e veña agora, en campaña electoral, a presentarse como alcalde en cada un dos 315 concellos de Galicia.

“Zapatero dixo en autonómicas que votar ao PSdeG era votarllo a él”, recordou. “Hoxe na Coruña non dixo o mesmo pero eu sí digo que votar os socialistas é votar a Zapatero do mesmo xeito que é votar a Zapatero votar ó BNG”. “Pois sí: hai que botalo, pero con b”, apuntou.

O líder dos populares galegos insistiu en que Zapatero chega tarde a Galicia, posto que xa pasou o Xacobeo e xa pasaron cada un dos momentos nos que un presidente que respecta ao seu pobo tivera estado aí, porque non veu dar a cara polos seus recortes, recursos partidistas e discriminacións políticas e financeiras, e porque toda Galicia sabe perfectamente xa quen é Zapatero e qué é o único que lle interesa da Comunidade.

Segundo o dirixente popular, Galicia non só é unha suma de votantes senón de cidadáns que o están a pasar mal e non teñen escoitado do Presidente do Goberno unha soa palabra de respaldo nin de desculpa; que teñen dereito a recibir as mesmas prestacións que o resto dos españois e non reciben o financiamento necesario do Goberno para que sexa posible; e que pagan cada día os seus impostos e cada día máis, porque o Goberno central o subiu.

O CAMBIO POLÍTICO.- Feijóo subliñou que non podemos seguir máis tempo cunha política que confunde as prioridades, que despista aos cidadáns, que fai da confrontación a súa bandeira, e se basea na improvisación e na frivolidade.

Unha política que se afasta dos cidadáns, que ten xerado cinco millóns de parados e o maior déficit público de Europa debe ser cambiada por outra que nos sitúe onde nos corresponde, onde merecen os cidadáns e no lugar do que nunca debemos saír: o do progreso, prosperidade e crecemento.

O presidente do PPdeG recordou que ó alcalde de Lugo só ten a opción dun goberno en liberdade política condicional, pactando co BNG se o PPdeG non obten maioría absoluta, porque xa é un clamor que os populares gañarán as eleccións.

“Seguiremos cumprindo contigo como alcalde, Jaime, como fixemos coa apertura dun plan de transporte metropolitano”, rematando o maior polígono que nunca tivo a cidade, adxudicando o Auditorio de Lugo, aprobando un Plan Xeral que era máis que necesario, facendo políticas de discriminación positiva na provincia e con iniciativas como o Plan Impulsa Lugo. “Seguiremos cumprindo contigo como alcalde, Jaime, como fixemos coa apertura dun plan de transporte metropolitano”, rematando o maior polígono que nunca tivo a cidade, adxudicando o Auditorio de Lugo, aprobando un Plan Xeral que era máis que necesario, facendo políticas de discriminación positiva na provincia e con iniciativas como o Plan Impulsa Lugo.