Lugo, a 19 de maio de 2011.- O Partido Popular de Lugo critica que dez concellos da provincia de Lugo teñen sen firmar os convenios coa Consellería do Medio Rural sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM).
Trátase, en concreto, dos concellos de Becerreá, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Ribas de Sil, Triacastela e Viveiro. Dáse a curiosa circunstancias a meirande parte destes concellos están gobernados polo PSOE ou en coalición co BNG, revelando os seus alcaldes unha actitude claramente desprezativa coas axudas que a Xunta de Galicia pon a súa disposición.
Pero, o que en opinión dos populares é máis grave aínda é que, por motivacións exclusivamente políticas, se estea maltratando e prexudicando ós veciños afectados, que ven como as obras que demandan non se poden iniciar pola negativa dos seus rexedores a firmar os convenios coa Xunta.
Para o PPdeLugo é irracional e un claro acto de irresponsabilidade que os alcaldes destes dez concellos, nin asistiran á convocatoria feita no seu día pola Consellería para a firma dos convenios, nin delegaran a firma no caso de non poder asistir a mesma. E o que é resulta máis sospeitoso ó entender dos populares, é que, aínda agora, despois de que a Xunta lles notificase reiteradamente a necesidade de asinar ditos convenios do PEIM para poder acometer as obras nestas e de que os rexedores mencionados se adicaran a dicir que as obras non se fan por culpa da Xunta (algo que, segundo recalcan dende o PP, é totalmente falso), non se puxeran en contacto coa Consellería de Medio Rural para proceder a pertinente firma.