Partido Popular de Lugo

Barreiro: “Lugo é máis popular que nunca e ímolo demostrar con feitos o 22-M”

 

Lugo, a 19 de maio de 2011.- “Lugo é máis popular que nunca e ímolo demostrar con feitos o 22-M”, asegurou o presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro durante o mitin central celebrado hoxe na cidade das murallas no que tamen participaron, ademais do candidato á Alcaldía Jaime Castiñeira, o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo.

“Os lucenses están cansos de pagar as consecuencias da incompetencia dos socialistas para resolver os problemas que ten o país, que eles contribuiron activamente a agrandar. Están fartos de mentiras; están fartos de que a destrucción de postos de traballo sexa o pan de cada día; están fartos de perder dereitos sociais que eran intocables”, dixo. Quén ía imaxinar que se ían conxelar as pensións”, preguntouse.

Esa fartura, engadiu, vaise materializar o domingo, porque os lucenses son conscientes de que o cambio, por responsabilidade, é necesario; e, o máis importante, é posible. E é posible, segundo recalcou, porque a opción do Partido Popular é “seria, transparente e fiable” e porque está representado por homes e mulleres “serios, transparentes, fiables e traballadores”. 

 

 

 

“Un bo exemplo é Jaime Castiñeira, penúltimo de oito irmáns que sabe moi ben o que é labrarse un camiño partindo da nada; que sabe moi ben que acadar unha meta, como ser o vindeiro alcalde de Lugo, require moito esforzo e moito traballo. E leva demostrando a súa capacidade, e a súa entrega a este obxectivo, dende hai xa moitos meses porque el cree en Lugo, e confía no seu proxecto e no seu equipo para afrontar o reto de sacar adiante a este concello”, explicou.

«Volver a gañar as eleccións municipais na provincia de Lugo é posible. Gobernar o Concello de Lugo é posible; Gobernar a Deputación é posible”, dixo.

ÚLTIMO EMPURRÓN.- “Só precisamos un último empurrón para acadar a maioría absoluta que precisamos porque, non vos confiedes”, advertiu, “a nós non nos chega con gañar”. “E xa sabes ben o resultado que dan os bipartitos, eses matrimonios de conveniencia que gastan máis en si mesmo que nos cidadáns ós que teñen a obriga de representar. Temos aínda recente o exemplo da Xunta bipartita, e sufrimos estes catro anos o sectarismo e o partidismo da Deputación, que a poucos días das eleccións lles entrou a presa por facer que fan. E tamén sabedes que en Lugo Orozco e Bao están polo pacto. Nin un quere ser curo nin o outro monaguillo pero, pese a elo, están polo pacto”, explicou.

 

 

“Pídovos o voto para Castiñeira e para todos os homes e mulleres que en cada un dos 67 concellos desta provincia defenden os principios de austeridade e rigor que proclama o Partido Popular. Pídovos o voto para o Partido Popular porque representa o futuro”, dixo Barreiro. “Pídovos o voto para o Partido Popular porque, non teñades dúbida, ninguén fará máis polo voso concello”, concluiu.