Partido Popular de Lugo

Barreiro agradeceu a Xunta a súa disposición a colaborar para que a residencia de A Fonsagrada sexa pública

A Fonsagrada, a 18 de maio de 2011.- O presidente do Partido Popular agradeceu hoxe á Xunta de Galicia, e nomeadamente á conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato, a súa disposición a colaborar para que a futura residencia de A Fonsagrada dispoña de prazas concertadas. 

José Manuel Barreiro indicou que éste era, ó fin, a posición que sempre defendeu o Partido Popular e que, segundo considerou, é o proceder máis axeitado e o que maior beneficio reportaría ós veciños deste municipio, dado que deste xeito aseguraríase o seu carácter público.

O líder dos populares lucenses, que fixo esta valoración durante o reparto de propaganda electoral no que participou hoxe en A Fonsagrada xunto co cabeza de lista neste municipio Tobías Martínez e outros membros da súa candidatura, lamentou que a Deputación non fora capaz de conquerir a totalidade dos terreos que permitisen a A Fonsagrada contar cunha residencia digna e acorde coas súas necesidades, e se conforme con facer unha de só 14 habitancións, pese a costar o dobre do previsto para outras residencias semellantes. 

José Manuel Barreiro tamén aproveitou a súa estadía en A Fonsagrada para explicar polo miudo o plan Optimiza que pretende aplicar na Deputación de acadar o goberno da institución provincial tras as eleccións do vindeiro 22 de maio e que levaría aparellado a posta en marcha neste concello de un dos  tres Centros integrais de servizos contemplados na iniciativa. 

Barreiro defendeu como unha oportunidade para A Fonsagrada a ubicación deste centro, dado que dende el coordinaranse todas as actuación que leve a cabo a Deputación na zona da Montaña e, por conseguinte, suporá un revulsivo para o propio concello ó converterse en punto de referencia para todos os veciños desa comarca á hora de realizar calquer trámite que teña que ver coa Deputación.