Partido Popular de Lugo

O Partido Popular fíxase como prioridade achegar a Deputación ós cidadáns e optimizar a súa xestión

Lugo, a 16 de maio de 2011.-  O Partido Popular quere reorientar a actividade da Deputación en aras de achegala ós concellos e, en última instancia, ós cidadas desta provincia. Con este obxectivo, de acadar o goberno da institución provincial tras as eleccións locais do vindeiro 22 de maio, un dos obxectivos que se marca é aplicar esta idea a través da posta en marcha do denomindado Plan Optimiza.

O presidente do PPdeLugo José Manue Barreiro explicou hoxe os detalles deste programa que, segundo dixo, basease nos principios de eficiencia, cooperación e proximidade.

Os recursos dos que dispuxo PSOE e BNG na Deputación de Lugo durante estes catro anos non se traduciu nun incremento dos niveis de benestar e desenvolvemento económico dos nosos concellos. Por elo, os populares consideran necesario deseñar e desenvolver estratexias innovadoras que reorienten a administración provincial co fin de mellorar sustancialmente a súa organización e, deste xeito, dirixir a súa acción a satisfacer de maneira eficaz as actuais demandas e necesidades dos lucenses.

“A mellora real da xestión provincial implica a aportación de novas ideas que permitan multiplicar as capacidades institucionais, administrando de xeito eficiente as dotacións existentes para ofrecer os servizos necesarios e rendir contas claras ós cidadáns sobre a administración dos recursos públicos”, explicou Barreiro.

Á hora de deseñar a posta en marcha desta iniciativa, os populares fixaron como un dos obxectivos a cumprir asegurar a súa eficiencia. Dadas as circunstancias económicas, é preciso aumentar a calidade e a cantidade de bens e servizos ofertados pola Deputación. “Debemos ser capaces de facer máis con menos” dixo Barreiro e para elo “é necesario detectar e correxir duplicidades e ineficiencias de gasto e axilizar a tramitación administrativa da Deputación, reducindo os seus plazos e, ó tempo,  achegar a administración ós cidadáns”.

MANCOMUNAR PARA AFORRAR E GAÑAR EN EFICIENCIA.- Esa eficiencia na prestación de servizos pode acadarse, segundo explicou o presidente dos populares lucenses, concentrando o control da aplicación destes servizos en varios puntos da provincia e facilitando que a prestación dalgúns deles se leve a cabo de xeito mancomunando. “A participación e colaboración da Deputación pode ser determinante á hora de ofertar servicios mancomunados relacionados co ciclo da auga, a protección medioambiental ou mesmo á hora de estructurar a prestación dos servizos de benestar”. 

Mancomunar servizos a través da Deputación permitirá, segundo engadiu Barreiro, melloras na productividade e rendabilidade dos recursos existentes, que se traducirán en beneficios tanxibles para os cidadáns porque permitirá reducir os gastos para os propios concellos.

Este plan tamén responde ó principio de transparencia porque a administración provincial actuará cun maior grao de coñecemento e implicación en cada zona. Trátase, en definitiva, de achegar o máis posible a administración provincial ós ciudadáns e darlle maior control político sobre esas actuacións ós deputados provinciais de cada zona. “Eles, como directos coñecedores da realidade da comarca á que representan, poden identificar rápidamente as prioridades e a demanda de servizos que ten cada concello”. 

Para acadar estes obxectivos, a aplicación do Plan Optimiza conlevará a posta en marcha dun Centro integral de servizos, que se ubicaría, para que non supoña un incremento de gasto para a Deputación, en dependencias cedidas para elo polos propios concellos implicados. “Dende este Centro coordinaranse todas as actuación que leve a cabo a Deputación o que suporá, en si mesmo, un revulsivo para o propio concello ó converterse en punto de referencia para os veciños desa comarca á hora de realizar calquer trámite que teña que ver coa Deputación posto que xa non terán que desprazarse a Lugo para facelo”, salientou Barreiro.

A previsión dos populares é establecer tres centros integrais de servizos, na Zona Sur, na Mariña e na Fonsagrada, sendo esta última comarca onde se principiaría a aplicar co desenvolvemento dun plan piloto.