Taboada, a 16 de maio de 2011.- José Manuel Barreiro asegurou hoxe no mitin celebrado en Taboada e no que tamén particiou, ademais do candidato Ramiro Moure, Agustín Hernández, que o Partido Popular é o único capaz de poñer en marcha políticas que permitan recuperar a confianza e, deste xeito, reactivar a economía e a creación de emprego.
“Os feitos amosan que o Partido Popular é capaz de gobernar con seriedade e eficacia, e un bo exemplo do que digo e Ramiro Moure e outro igualmente bo é o de Alberto Núñez Feijoo”, asegurou.
Barreiro tamén salientou que o PP “é de fiar”, porque cumpre o que promete, “non coma outros, que cada cita electoral aseguran que van a empezar de inmediato as obras dunha autovía e catro anos despois ou oito anos despois resulta que aínda non se moveu unha pedra”.
O presidente do PPdeLugo amosouse convencido de que o PP, “avalado polos feitos”, seguirá gobernando en Taboada e “a este concello sumaranse moitos máis en toda a provincia de Lugo porque os lucenses teñen claro que da man de socialistas e nacionalistas e coa súa peculiar maneira de entender a acción de goberno non imos poder sair do pozo no que estamos metidos”.