A Fonsagrada, a 15 de maio de 2011.- “Non vos deixedes embaucar por quen promete por prometer pero sabendo que non vai cumplir”. Así se dirixiou o presidente provincial do Partido Popular ós asistentes ó mitin celebrado hoxe en A Fonsagrada no que tamén participou Beatriz Mato, a maiores do candidato á alcaldía Tobías Martínez.
“Xa o dixen hai uns días e vouno repetir hoxe: o Partido Popular é o único que pode garantizar a construcción dunha residencia da terceira idade pública en A Fonsagrada”, recalcou José Manuel Barreiro, quen recordou que “ata o momento” foi a Xunta de Galicia a única “que deu un paso adiante neste cometido”. Referíase así o líder dos populares lucenses o feito de que foi a Xunta a que financiou a redacción do proxecto constructivo. “A colaboración e a boa vontade da Xunta está, pese os reiterados incumprimentos e atrancos postos polo Concello, fora de toda dúbida”, asegurou.
A este respecto Barreiro retou ós responsables da Deputación, “que non se decataron de que A Fonsagrada existía ata hai unhas semanas”, a que demostren con feitos, “vía BOP”, o seu compromiso con este proxecto e mesmo a que expliquen a razón pola que, pese a dupricar o orzamento previsto en relación coas outras residencias prometidas noutros concellos da provincia, contará case coa metade de prazas.
José Manuel Barreiro xa adiantou que non poderán facelo porque nin sequera dispoñen dos terreos necesarios para poder acometer a obra, “proba evidente de que trátase dunha promesa fruto da improvisación, do fume que se solta, por si soa a flauta, en campaña electoral”.