Partido Popular de Lugo

O PPDEG RECLAMA NO PARLAMENTO UNHA SOLUCIÓN INMEDIATA AO ENLACE PROVISIONAL DA AUTOVÍA DO CANTÁBRICO COA N-634 EN LOURENZÁ QUE FOMENTO EXECUTOU SEN A PRECEPTIVA AUTORIZACIÓN DA XUNTA

Santiago,  14  de maio 2011.- A deputada do PPdeG Emma Alvarez Chao ven de presentar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei na que insta á Xunta de Galicia a esixir do Goberno do Estado unha solución inmediata ao enlace provisional da A-8 (Autovía do Cantábrico) ao seu paso por Lourenzá na súa conexión coa N-634 a través da estrada autonómica LU-153. Alvarez Chao recorda que o Ministro de Fomento inaugurou, o pasado mes de febreiro, dous tramos de 8 kms entre Barreiros-Vilamar e Vilamar-Lourenzá, este último incompleto. 

“Para poder abrir este tramo ao estar incompleto fixose un enlace provisional, para o que Fomento non pediu autorización á Xunta de Galicia, a través da vía autonómica LU-153 que sirve de conexión coa estrada N-634 (Oviedo-A Coruña” segundo Emma Álvarez quen indicou que este está a prexudicar gravemente aos veciños “xa que se inhabilitou o carril de acceso a Lourenzá dende Alfoz facendo que os vehículos cuio destino sexa Lourenzá, Trabada, Riototo, A Pontenova e parte de Barreiros teñan que facer un percorrido de ida e volta ata a rotonda que será o enlace da autovía de aproximadamente 2 kilómetros”.

Así mesmo a deputada popular recorda na súa iniciativa que neste nexo de unión  existen uns metros de pronunciada pendente “que está xenerando incidentes coa carga dos camións e tamén retencións de tráfico, que prevemos aumentarán nos meses de verán”.

Na Proposición non de Lei a deputada do PPdeG tamén á Xunta de Galicia dirixirse ao Goberno do Estado para, unha vez rematado o tramo Vilamar-Lourenzá, manter o enlace provisional na LU-153 a fin de darlle servizo aos concellos de Alfoz, Mondoñedo e Valadouro.