Partido Popular de Lugo

Barreiro puxo a residencia de Bóveda como exemplo do bo resultado derivado “do traballo en equipo”

 

Bóveda, a 13 de maio de 2011.- O presidente provincial do Partido Popular participou hoxe, xunto a Jesús Vázquez, nunha cea-mitin en Bóveda para respaldar ó candidato desta localidade, José Manuel Arias, que aspira a manter o bastón de mando o vindeiro 22 de maio.

José Manuel Barreiro destacou a xestión realizada polo PP neste concello e o “bo facer do seu alcalde”, quen, segundo dixo, “pese ó momento de recortes no que nos atopamos é capaz de seguir ofertando novos e mellores servizos”. A este respecto fixo especial incidencia na residencia da terceira idade, que “será realidade a principios do vindeiro ano”, e que permitirá, ademais de atender axeitadamente ós maiores “e evitar o seu desarraigo”, abrir importantes expectativas laborais neste municipio, posto que xerará uns e 80 postos de traballo directos. “Empregos estables”, puntualizou. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para o líder dos populares lucenses “demóstrase que aunando esforzos entre administracións é posible, pese a crise, seguir avanzando”. “Esta é”, insistiu, “a filosofía que nós defendemos e que queremos instaurar na Deputación, porque só dende a colaboración poderemos optimizar o uso dos recursos dos que dispoñemos, desgraciadamente máis menguados que nunca”. “Ese é o resultado de traballar en equipo”, apostillou.

Neste senso, José Manuel Barreiro anunciou que, dende a Deputación, o seu partido, “sempre da man coa Xunta de Galicia”, incrementará os recursos destinados a atender á terceira idade, “porque non podemos obviar o alto índice de envellecemento que ten a nosa provincia e é a nosa obriga atender ós maiores como se debe e merecen”. A este respecto compromenteu o incremento dos fondos adicados a atención social, ampliando, por exemplo, ó Programa de Teleasistencia Domiciliaria,  a atención ós dependentes e mesmo solventando os problemas de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas que aínda teñen algúns concellos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anunciou asimesmo a elaboración dun mapa provincial de residencias para a terceira idade, no que estarán implicados Xunta, Deputación e concellos, no que se establecerá, en función de criterios obxectivos, as prioridades nesta materia para acometer a construcción de novas infraestructuras e o grao de participación das distintas administracións a hora de asumir a súa posterior xestión e mantemento.

“Nós apostamos pola planificación, a coordinación e a eficiencia. A improvisación é cousa doutros”, concluiu.