Lugo, 12 de maio de 2011.- O candidato popular á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira anunciou hoxe que o vicesecretario xeral do PP Esteban González Pons o acompañará durante a tarde do luns 16 de maio.
O responsable de comunicación nacional do PP participará nun encontro dixital no que os lucenses se poderán comunicar en tempo real tanto co candidato á alcaldía de Lugo coma co propio González Pons. Na xornada de mañá habilitarase unha ferramenta para que poidan ir enviando unhas preguntas aqueles veciños interesados.
González Pons tamén participará nun mitin, xunto co presidente provincial José Manuel Barreiro e co candidato popular á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira, ademais de repartir información acompañado doutros membros de candidatura.