Partido Popular de Lugo

Uns 160 mozos de NNXX da provincia forman parte das candidaturas municipais do día 22

Ribadeo, 11 de maio de 2011.-  As listas presentadas polos distintas candidatos ás alcaldías nos concellos lucenses están integradas por máis de 160 mozos de Novas Xeracións. A nivel rexional, son máis de 900 os afiliados á agrupación política do PP que forman parte das listas locais. Os datos foron presentados esta mañá en Ribadeo polo presidente provincial de NN.XX, Daniel Vega, quen estivo acompañado pola presidenta nacional, Beatriz Jurado; o secretario rexional, Juan Francisco López Prieto; e o presidente local de NN.XX de Ribadeo, Jacobo Río.

En representación do Partido Popular da localidade, estiveron respaldando aos mozos populares, o candidato á alcaldía, Manuel Valín; e o presidente do PP local, José Carlos Rodríguez Andina. Dende Asturias tamén se desprazou o presidente autonómico de NN.XX no Principado, Pablo Álvarez-Pire. 

Vega agradeceu ao Partido Popular “a súa preocupación pola xente nova e o seu interese e constante apoio que se ve reflexado no elevado número de mozos de Novas Xeracións que agora forman parte das listas municipais”. Neste senso, Daniel Vega recordou as palabras do presidente provincial do Partido, Xosé Manuel Barreiro, quen, segundo Vega, “foi o primeiro en dicir que Novas Xeracións tiña que ter presencia nas listas de cara aos comicios do próximo 22 de maio”.

Dado esto, Vega manifestou o apoio dende Novas Xeracións ao “proxecto do Partido Popular para as eleccións municipais”, e reincidiu na “necesidade de evitar que Zapatero estea presente nos concellos lucenses xa que a figura de ZP conleva o fracaso absoluto”.

Así mesmo,  o presidente provincial agradeceu a presenza e colaboración dos asistentes. Palabras as que se sumou tamén o secretario rexional, Juan Francisco López Prieto, quen asegurou que “sen o apoio do Partido e de persoas como José Carlos Rodríguez Andina ou José Manuel Yanes Ginzo –exemplificou–, non estariamos hoxe aquí”.

Segundo López Prieto o elevado índice de mozos que integran as candidatura municipais “é a mostra da renovación do Partido e do apoio á xente nova que traballa, que ten ideas e que se mostra preocupada polo futuro”. Como evidencia desta labor, o secretario rexional, que ocupa o número dous nas listas en Trabada, informou que Novas Xeracións elaborou un programa marco, coordinado por Pablo Ferradás,  que integra puntos “básicos” como o favorecemento do asociacionismo xuvenil, o reforzo de becas de estudos, o desenvolvemento de plans para o fomento do emprego e con elo a facilitación da emancipación e do acceso á vivenda. 

Pola súa banda, a presidenta nacional da agrupación, Beatriz Jurado puxo en valor  a disposición “positiva” da xente nova, independentemente se forma parte ou non dunha lista política,  para traballar e vincularse a un partido político pese “ a la situación que estamos viviendo”.

NN.XX tamén repartiu esta mañá por Ribadeo o seu decálogo de propostas. Ademais ata a vila da Mariña  achegouse un bus do PP que fai a campaña por toda España e no que participaron máis de 50 xóvenes.