Partido Popular de Lugo

Barreiro avoga pola transparencia na xestión da Deputación e promete “gobernar para todos”

O Corgo, a 10 de maio de 2011.- O Partido Popular avoga pola transparencia na xestión e porque a Deputación esté ó servizo dos concellos. Insistiu nelo o presidente provincial do Partido Popular durante a súa intervención no mitin celebrado hoxe en O Corgo no que tamén participou o secretario xeral do PPdeG Alfonso Rueda e o candidato á reelección José Antonio Ferreiro.

Segundo explicou José Manuel Barreiro, facendo alusión ó manifesto pola cooperación asinado o domingo pasado polos candidatos populares ás grandes cidades, “tras o 22 de maio, quen asuma a alcaldía ten que gobernar para todos e defender o mellor para o seu concello”. Na súa opinión, os alcaldes populares, “e o caso de José Antonio Ferreiro é un bo exemplo delo”, segundo asegurou, xa están a aplicar esta máxima e seguirán a facelo tras as eleccións. 

Nembargantes, segundo recalcou, ese principio non se aplicou durante estes últimos catro anos na Deputación provincial. “PSOE e BNG só se preocuparon de si mesmos e dos seus amigos; solucionar os problemas da provincia e dos seus habitantes non foi prioritario para eles”, dixo. “Se por algo se caracterizou o goberno provincial foi polo seu sectarismo”, engadiu. Barreiro asegurou que “outro xeito de facer as cousas é posible” porque, segundo recalcou, “non todos os políticos somos iguais”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Así, para evitar a “discriminación” á que foron sometidos algúns concellos desta provincia durante estes catro anos e o “favoritismo” co que se tratou a outros, o Partido Popular  baseará o seu programa de actuacións en materia de infraestructuras en función de variables territoriais, ambientais, funcionais e económicas. “Trátase de establecer prioridades en función de necesidades e razóns obxectivas, non en base a intereses partidistas. Hai que gobernar para todos e o único xeito de asegurar que esa máxima se cumple é gobernando con transparencia”, recalcou.

Neste senso, recalcou que para a determinación deses criterios obxectivos é “imprescindible e necesaria” a colaboración e comunicación cos concellos que son, segundo dixo, “os que mellor coñecen as súas características e necesidades específicas”.

Co fin de garantir a suficiencia dos recursos dos que dispón a Deputación e impoñer o maior control e rigor no gasto posible, o PP tamén prevé, segundo adiantou Barreiro, crear unha xunta de compras. “Trátase de facer máis con menos”, asegurou.

 

 

 

 

 

 

 

 

Dende a administración provincial tamén se facilitará ós cidadáns que así o desexen a información derivada do Plan de seguemento e optimización da execución orzamentaria que aplicará o PP de acadar o goberno provincial. Deste xeito poderán coñecer, e de primeira mán ademais, en qué e cómo gasta os cartos, “que son de todos” matizou Barreiro, a Deputación.

“Queremos achegar a Deputación ós lucenses, ofrecéndolles información  detallada sobre o seu funcionamento e competencias. Así entendemos nós a transparencia e abrir a administración provincial á cidadanía”, explicou. “Os paseos turísticos pola provincia que organizou o bipartito están moi ben, pero son outra cousa e, sobre todo, teñen unha finalidade moi distinta”, apuntillou.