Partido Popular de Lugo

Asegurar unha xestión eficiente na Deputación será prioritario para o Partido Popular

 

Sarria, a 9 de maio de 2011.-  Aplicar unha xestión eficiente é unha das principais prioridades que se autoimpón o Partido Popular de acadar o goberno da Deputación. Asegurouno hoxe o presidente do PPdeLugo José Manuel Barreiro durante o mitin celebrado en Sarria no que tamén participou o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo.

Segundo explicou José Manuel Barreiro, “nunca, pero moito menos en época de vacas fracas como a actual, nos podemos permitir gastar en pagarlle ós políticos 638.000 euros como é o caso do goberno provincial, nin 800.000 euros ós que ascenden os sueldos dos asesores deses políticos nin dos políticos colocados a dedo en postos relevantes da administración provincial e moito menos adicar máis de 16 millóns de euros a gastos diversos, que foi o que durante estes catro anos manexou José Ramón Gómez Besteiro como mellor lle pareceu e sempre procurando acadar con eles un beneficio partidista”.

Este coste desmesurado non é exclusivo do goberno provincial, tamén nos concellos se adican partidas importantes a pagar os salarios dos políticos. “O tripartito sarriano”, segundo dixo o presidente dos populares, “suponlle ós sarrianos 87.000 euros ó ano e eso que o alcalde cobra da Deputación 52.000 euros”.

Os datos, segundo recalcou Barreiro, non ofrecen dúbidas. “A Deputación de Lugo xestionouse mal. PSOE e BNG nin sequera foron capaces de aplicar os seus propios orzamentos. De feito, a súa execución orzamentaria non chegou sequera ó 50 por cento de media. Non se creou novo suelo industrial; retrasouse premeditadamente ata o último tramo de lexislatura a execución de obras aprobadas xa polo anterior goberno provincial; abandoáronse os sectores productivos básicos, e multiplicouse por dez a débeda sen ningún tipo de xustificación a tenor dos resultados”, explicou. 

Para José Manuel Barreiro é “urxente e imprescindible” sanear a situación económica da Deputación “en beneficio da institución e polo ben de todos os concellos”.

Para elo, o Partido Popular, segundo explicou, centrará o seus orzamentos no gasto productivo, priorizando en todas aqueles investimentos reais encamiñados a mellorar a calidade de vida dos lucenses. “É fundamental que nos centremos nese obxectivo porque, deste xeito, ademais de resolver os problemas básicos dos cidadáns ós que temos o deber de representar e defender, promoveremos e fomentaremos a actividade económica e, en consecuencia, xeraremos emprego, o aspecto que máis preocupación causa neste intre a todos os habitantes desta provincia e, en xeral, de todo o país”. “A Deputación”, segundo insistiu o presidente dos populares lucenses, “ten que recuperar o seu papel de motor económico da provincia de Lugo e ser capaz de arrastrar nese impulso a todos os concellos”.

 

Co obxectivo de asegurar o cumprimento deste obxectivo, os populares establecerán ademais un plan de seguemento e optimización da execución orzamentaria. Trataríase así de supervisar o gasto da Deputación e elevar ó máximo posible o grao de execución do investimento real. 

“Non podemos tolerar por máis tempo que á hora de pechar os exercicios orzamentarios nos atopemos con niveis de execución por debaixo do 50 por cento e de pouco máis do 30 por cento cando tomamos como referencia o investimento real”, apuntillou Barreiro.