Partido Popular de Lugo

O GPPP acusa a socialistas e nacionalistas de tentar consolidar o seu persoal de confinaza en postos de traballo da Deputación

Lugo, 8 de maio de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular  califica de escandalosa a política de persoal que está a desenvolver a Deputación. Salientan os populares que o proceder do goberno provincial conformado por socialistas e nacionalistas “é insólito e só busca deixar ben colocados ós seus”.

Primeiro colocaron a altos cargos dos seus respectivos partidos en postos de relevancia e moi ben retribuidos dentro do organigrama da institución; despois designaron a algúns deses altos cargos para conformar os tribunais encargados de seleccionar traballadores para a Deputación. En ambos casos atópase, por exemplo, Luis Rodríguez Edrosa, o secretario de Organización do PSOE, que mediante unha manobra que incumple os estatutos do Inludes colocárono de director deste organismo e que forma parte de varios destes tribunais calificadores. 

Pero por si eso fora pouco, agora, engaden os populares, mediante a convocatoria de concursos específicos de méritos de postos de traballo de persoal funcionario que están vacantes na vixente Relación de Postos de Traballo, pretenden perpetúalos no cargo para o que foran designados a dedo. Exemplo claro desta situación é o de Miguel Angel Fernández, actual alcalde de Triacastela, que dirixe a Granxa Gaioso Castro e ó que pretenden consolidar neste posto a través de un destes concursos de méritos.

Para os populares resulta moi sospeitoso que algunhas prazas se convoquen por oposición libre e outras por concurso oposición polo que non dubidan en afirmar que o fin co que empregan un ou outro método non é outro que asentar a persoal eventual próximo a socialistas e nacionalistas como funcionarios da Deputación, consolidar, en definitiva, o seu personal de confianza.

O GPPP conclúen ante estas circunstancias que PSOE e BNG non teñen ningún reparo en empregar os fodos públicos da institución de xeito partidista. 

Entenden tamén os populares que este proceder denota que socialistas e nacionalistas dubidan dos resultados que acadarán nos comicios do vindeiro 22 de maio e que, ante a posibilidade de perder o goberno da Deputación, adicanse, a só uns días da cita electoral, a facer todo o posible para garantir un posto de traballo ós seus afins.