A Fonsagrada, 7 de maio de 2011.- José Manuel Barreiro asegurou hoxe en A Fonsagrada que “o Partido Popular é o único con capacidade para garantir que eiquí haxa unha residencia pública”.
Segundo explicou, “ata o momento, o que se está a dicir que se vai facer é un edificio para unha mini residencia, tan baleiro coma no seu momento quedou o hospital de Lugo, e que, en todo caso, sería privado”.
Barreiro engadiu que, se tras as elección do 22 de maio, o Partido Popular toma as rendas da Deputación, “de xeito inmediato poñerémonos en cotacto coa Consellería de Traballo e Benestar, que é a que ten as competencias nesta materia, para iniciar os trámites necesarios que permitan concertar este servizo”.
A pretensión, segundo recalcou, non é outra que asegurar que esa futura residencia cumpra o mellor posible os obxectivos para o que será creada. Uns obxectivos que pasan ineludiblemente, segundo insistiu, porque oferte un número suficiente de prazas concertadas que permitan tamén ás persoas con menos recursos económicos e, por consiguiente, máis desamparadas, optar a un servizo destas características.
CRITICA.- José Manuel Barreiro censurou que algúns “cando pudieron non moveron un dedo nin sequera un papel para dotar a este municipio dunha residencia e agora, a última hora, correndo e mal, porque se achega unha cita electoral, prometan unha quimera para a que nin sequera está definido o modo de xestión”.
O presidente do PPdeLugo fixo esta afirmación durante o reparto de propaganda electoral que realizou esta maña na feira celebrada en A Fonsagrada en compañía de Tobías Martiñez, o candidato popular á acaldía, e o resto de integrantes da súa candidatura.