Lugo, a 6 de maio de 2011.- O paso de PSOE e BNG para la institución provincial e “o seu gusto polo despilfarro” terá consecuencias no futuro, segundo advirte José Manuel Barreiro, presidente do PPdeLugo e aspirante a ocupar a presidencia da Deputación.
“Ademais de gastar moito, gastaron mal e, para colmo, máis do que tiñan. Tanto, que nestes catro anos multiplicaron por dez a débeda da Deputación. Agora debemos 49 millóns de euros, dos que 44,5 millóns son responsabilidade directa do Sr. Besteiro e o Sr. Bao”, explicou. “Hai que poñerlle freno a esta situación e sobre rectificala”, engadiu.
Para lograr ese obxectivo, dende o PP avogan, “como primeira medida”, por reducir o custo do goberno da Deputación, “que nesta lexislatura foi desorbitado”.
O modelo de xestión que os populares quere aplicar na administración provincial basearase nos principios de austeridade, eficacia e transparencia, colaboración con outras administracións e apoio ós sectores productivos da provincia.
Barreiro salientou que “a idea fundamental da xestión pública debe ser a de gastar máis nos cidadáns e menos nos propios políticos e eso imos facer nós coa posta en marcha dun Plan de Austeridade que nos permitirá adelgazar a estructura administrativa da Deputación e reducir, en consecuencia, o gasto non productivo”.
En este contexto, reducirase “cando menos” un 50 por cento os gasto en cargos políticos, en asesores e en gastos diversos, que no goberno que preside José Ramón Gómez Besteiro “supuxeron un despilfarro sen precedentes”.
“12 millóns de euros será o aforro que academos en toda a lexislatura coa aplicación desta medida, que poderemos adicar, por exemplo, a apoiar ós sectores productivos básicos da nosa provincia, que tan necesitados están de axuda”, explicou Barreiro.
Na opinión de José Manuel Barreiro “non pode consentirse nin aguantarse” que ós lucenses teñan que sufragar un goberno provincial, como é o caso do actual bipartito, “que custou nestes catro anos nada máis e nada menos que preto de 22 millóns de euros, entre os soldos do equipo de goberno, os seus asesores e os cartos que adicados a gastos diversos”.
REDUCIR A DÉBEDA.- O Plan de Austeridade que Barreiro aplicará na Deputación prevé asimesmo empregar os remantes en reducir a débeda acumulada pola administración provincial co fin último de “sanear a institución”.
“Paradóxica, e desgraciadamente para todos, PSOE e BNG dilapidaron a boa herdanza que recibiron. En só catro anos lograron que o endebedamento consolidado (Deputación+Inludes+Suplusa) se situará en 73,5 millóns de euros. “É dicir, multipliaron por oito a débeda da administración provincial, por dez se só tomamos como referencia a Deputación”, apuntillou.
A Deputación ten que ser, na opinión de Barreiro, un referente para todos os concellos; un motor que empurre ós sectores productivos, que respalde a iniciativa emprendedora, pero é imposible que cumpra ese papel se non ten fondos para facelo.
CORTE DE VOZ SECCIÓN SONS