Partido Popular de Lugo

O PP reivindicará que o xulgado de Monforte acolla xuizos do penal

Lugo, a 6 de maio de 2011.- O Partido Popular reivindicará ante a Consellería de Presidencia que os xuizos do Penal que correspondan á comarca de Lemos se celebren sempre no xulgado da cidade do Cabe. Unha reivindicación que os populares monfortinos incluirán dentro do seu programa electoral. 

A candidata popular monfortina Julia Rodríguez faise eco así das demandas feitas neste senso polos profesionais da xustiza e lembra que este tipo de xuizos xa se teñen celebrado en Monforte, pese a que agora desenvolvense aleatoriamente na cidade do Cabe ou en Lugo. Trataríase, por tanto, de unificar criterios e de que todos se desenvolveran en Monforte