Partido Popular de Lugo

Feijóo pide o voto para o PP porque nas súas papeletas está Galicia e unha xestión responsable e nas do PSOE e BNG están a de Zapatero e a imposición dos bipartitos

 

Lugo, 5 de maio de 2011. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe o voto para os populares porque nas súas papeletas está Galicia e unha xestión responsable, un Goberno unido e cun programa electoral, mentres que nas do PSOE e BNG están a do Goberno de Zapatero e a imposición dos bipartitos. 

Así o expresaba o líder do PPdeG no acto de inicio de campaña electoral coa tradicional pegada de carteis celebrada en Lugo, xunto ao candidato á Alcaldía da cidade, Jaime Castiñeira, onde tamén engadiu que no voto ao PP está unha política económica rigorosa, que non supoña máis impostos; a creación de emprego e o cambio que España precisa, espera e conseguirá. 

Ademais, segundo Feijóo, nas papeletas dos populares está Galicia, porque están centrados nos galegos e galegas; na economía, no emprego; nos concellos con máis oportunidades e benestar, e está Galicia porque porque, centrados en cada un, gobernarán con todos e para todos e formando unha coalición cos cidadáns. 

 

 

 

 

 

 

Trátase dunha coalición que non supón un dobre gasto en alcaldes, gobernos, asesores e publicidade; que suma e non exclúe; que coopera entre concellos; que gaña. 

Así mesmo, os populares gobernarán para todos porque, segundo Feijóo, para todos é bo que haxa austeridade; planificación económica; unha xestión que permita prestar os servizos públicos; un Goberno comprometido co que verdadeiramente importa a todos. 

“QUEREMOS E PODEMOS”.- Segundo o líder do PPdeG, os populares “queremos e podemos” unir e sumar; cambiar e mellorar posto que son unha alternativa á división cara dos bipartivos; á improvisación; ao malgasto; ao paro; á política que nos trouxo ata esta situación. 

Nesta liña, engadiu que esa alternativa é o seu compromiso con Galicia e España; con aqueles que peor o están pasando; co rural; coas mulleres e homes do mar; e esa aternativa é tamén o compromiso dos populares nas cidades: En Ferrol, con José Manuel Rey Varela, na Coruña, con Carlos Negreira; en Santiago, con Gerardo Conde Roa; en Pontevedra, con Telmo Martín; en Vigo, con Corina Porro; en Ourense, con Rosendo Fernández e, en Lugo, con Jaime Castiñeira. 

Feijóo fixo fincapé en que os populares non prometerán imposibles pero si van comprometer a facer todo o posible e pediu o voto para o PP aos que o votaron sempre; aos que os deixaron de votar, porque os populares aprenderon do seus propios erros; aos que nunca votaron, para dicirlles que merece a pena sumarse á unha ilusión; aos que se senten defraudados pola xestión dos seus partidos e aos que se senten desanimados pola crise, para dicirlles que hai unha esperanza marcada no calendario: o 22 de maio.