Partido Popular de Lugo

Feijoo, Castiñeira e Barreiro iniciaron a campaña electoral en Lugo coa tradicional pegada de carteis

 

Lugo, a 6 de maio de 2011.- O Partido Popular iniciou a campaña electoral en Lugo coa tradicional pegada de carteis. Un acto que se desenvolveu na Praza da Soidade e no que participaron como oradores o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo; o candidato á Alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira e o presidente provincial José Manuel Barreiro.

O candidato á Alcaldía de Lugo recalcou que “aquí só hai dúas alternativas: o Partido Popular, o único que presenta un proxecto único, e PSOE e BNG, que se agocha tras unha coalición electoral. Nós, os do Partido Popular,  somos a alternativa do cambio. Os do pacto oculto, socialistas e nacionalistas, o único que representan é o pasado, un proxecto esgotado, que non dá máis de si”.

Na opinión de Jaime Castiñeira difícilmente Orozco pode facer máis en catro anos cando non o fixo en 12 anos con 1.100 millóns de euros.  “Non merece unha nova prórroga”, sentenciou.

“Nós estamos preparados para gobernar, somos un equipo capaz de cambiar a forma de facer as cousas con transparencia e honradez. Hai que  poñer a Lugo onde se merece que non é outro lugar que na primeira división”, asegurou.

José Manuel Barreiro, pola súa banda, salientou durante a súa intervención que “hoxe empeza a conta atrás para facer que Lugo e a súa provincia sexan o 22 de maio máis populares que nunca”.

“En épocas difíciles”, enfatizou, “hai que apostar polo seguro, pola opción que máis garantías ofreza, por aqueles que demostraron que saben facer as cousas; por aqueles que presentan un programa electoral claro e propio; por aqueles que dan a cara, que se sinten orgullosos dos seus líderes, da súa ideoloxía e das siglas ás que representan”.

“Na vosa man está que Lugo teña futuro, que Lugo recupere a confianza e a ilusión. Non podemos resignarnos, outra xeito de facer as cousas é posible, demostrámolo na Xunta e agora demostrarémolo en Lugo”, engadiu.

Para José Manuel Barreiro, “como ben dice o noso lema de campaña, ninguén fará máis por Lugo”.