Partido Popular de Lugo

Castiñeira anuncia un plan municipal de emprego, unha bolsa de currículos e un Plan de Apoio ao Comercio para favorecer a creación e o mantemento de postos de traballo

Lugo, 6 de maio de 2011.- O candidato popular Jaime Castiñeira aseguroulles aos empregados dunha empresa do polígono do Ceao que Lugo quere un alcalde coma eles, «que saben o que é o traballo». Nesta liña, subliñou que «cada euro que eles gañan con tanto esforzo levantándose ás 6 da mañá para pagaren os seus impostos ao Concello ten que chegar ao seu destino, que son eles mesmos, e non perderse polo camiño en empresas intermediarias».

Castiñeira detallou que no último mandato de Orozco o número de desempregados do Concello de Lugo pasou de 4.505 a 9.643 parados, o que representa un incremento dun 114%, polo que o popular cre que «é hora de invertir a tendencia», xa que o paro medra moi por riba da media galega.

Castiñeira, acompañado por membros da súa candidatura, foi dos candidatos máis madrugadores de toda España e estreou deste xeito un novo formato de mitin «rápido, barato e que permite un contacto directo cos cidadáns», xa que lle permitiu conversar cos 50 empregados desta empresa do Ceao. Parte do acto pode verse na web persoal do candidato, en www.oteualcalde.com

Castiñeira foi breve e en 15 minutos afirmoulles aos traballadores de Fundiciones Pardo «o importante é que voten ao PP porque é o único proxecto serio, fronte a unha coalición de partidos oculta que non se sabe ben que é o que ofrece”. O alcaldable popular tamén fixo un compromiso cos industriais lucenses e os traballadores para que voten as siglas que representa como garante para sair da crise.

O formato de mítin na rúa vaise repetir ao longo da campaña, de forma improvisada, en función da axenda do candidato. A idea, explicou Castiñeira, é montar actos “breves, sinxelos e cercanos”. Outra vantaxe destes mítins é que son moi baratos porque simplemente se require dun micro inalámbrico permitíndo ao candidato, en calquera emprazamento, buscar o voto do cidadán fuxindo, deste xeito, dos formatos tradicionais de mítins no que os cidadáns acuden á cita. Co novo formato o  “aquí é o candidato o que vai buscalos”.

O candidato apelou ás súas orixes para afirmar que «o traballo non o asusta» e lembra que abría o mercado de Colón ás 5 da mañá en Barcelona aos 16 anos. No eido político, a súa capacidade de esforzo quedou probada no Plan Xeral.

Con este acto deu comezo a súa axenda que se completará con un debate de candidatos ás nove da mañá na SER así como con  varios repartos de propaganda electoral na rúa e  outros mitins de formato tradicional en barrios e parroquias do Concello.