Partido Popular de Lugo

Barreiro di que “é o momento perfecto para que Castroverde teña unha alcaldesa”

Castroverde, a 5 de maio de 2011.- “É o momento perfecto para que Castroverde teña unha muller na alcaldía”, asegurou hoxe o presidente dos populares lucenses durante o acto de presentación da candidatura que encabeza  María Gómez Pallín.

José Manuel Barreiro salientou que a “valentía” que Gómez Pallín amosou “ó dar un paso ó fronte e asumir o reto de encabezar unha candidatura” pon de manifesto a “súa capacidade de liderazgo” que é, segundo dixo, o que precisa Castroverde. “Alguén con ideas, con ilusión, con compromiso co seu pobo e que aspira a executar ese proxecto de futuro e a transmitir ese optimismo ó resto dos seus conveciños”, explicou.

O líder dos populares lucenses pediu ós asistentes ó acto, no que tamén participaron, entre outros cargos orgánicos e electos do partido, Samuel Juárez e o secretario provincial José Manuel Balseiro, “que aposten polo cambio que representa a candidatura do Partido Popular e que, sen dúbida, será capaz de darlle un impulso importante a este concello”. 

Candidatura

1. MARÍA GÓMEZ PALLÍN
2. JOSÉ BESTEIRO ÁLVAREZ
3. JOSÉ RAMÓN FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
4. SANDRA LÓPEZ REGUERA
5. CARLOS SANTALLA LÓPEZ
6. CÉSAR MAREY VIVERO
7. JOSÉ MANUEL TAMAREDO DOMÍNGUEZ
8. ANGELINES TORRÓN RAMOS
9. ENRIQUE RODRÍGUEZ BESTEIRO
10. MARÍA ISABEL GALDO ROMERO
11. DELFINA DÍAZ EIRAS
Suplentes:
JOSÉ MANUEL REY VÁZQUEZ
BEGOÑA BARJA NEIRA
ARMANDO FONTEBOA GÓMEZ
DOMINDO PEREIRA DOMÍNGUEZ
MARÍA DEL CARMEN FERREIRO CORDERO