![]() |
A Pastoriza, a 4 de maio de 2011.- José Manuel Barreiro, presidente do Partido Popular de Lugo, está convencido de que José Yáñez recuperará o bastón de mando o vindeiro 22 de maio. “As razóns son obvias”, dixo, “o actual equipo de goberno non fixo nada digno de mención nestes últimos anos e, por conseguinte, todo o que ten A Pastoriza, que é moito, é obra súa e do seu equipo”.
Para o líder dos populares lucenses Yáñez demostrou “sobradamente” que é un bo rexidor e, segundo recalcou, “en momentos como os actuais contar cun bo alcalde, que traballe para o seu concello e en beneficio dos seus veciños, que administre con rigor os recursos municipais, é un luxo e, sobre todo, o que se necesita nos concellos”.
![]() |
José Manuel Barreiro salientou que “Yáñez e o seu equipo teñen perfectamente definido o proxecto que queren desenvolver en A Pastoriza os vindeiros catro anos e estou convencido de que a partir do día 22 poderán empezar a aplicalo”.
Candidatura
1.- José Yáñez García
2.- José Luis Polo Pena
3.- Fe Legaspi Valiña
4.- María del Mar Andion Rodríguez
5.- José Luis Rodríguez Martínez
6.- José Luis López Edrosa
7.- Santiago Iglesia Onega
8.- Clara Reigosa Cabaneiro
9.- Luis Goyos Fernández
10.- Rosa María Méndez Fernández
11.- Marina Vidal Morado
Suplentes
Luis Cabado Martínez
Adriano Legaspi Ferreiro
María del Carmen Reigosa Andion
Ana Mary Fernández Falcón
Francisco González Gasalla
María Laura Legaspi Valiña