Partido Popular de Lugo

Barreiro: “en momentos como os actuais, contar cun alcalde que garantice unha boa xestión é un luxo”

 

Taboada, a 4 de maio de 2011.- O presidente provincial do Partido Popular respaldou hoxe en Taboada a presentación da lista electoral coa que esta formación política concurrirá ás vindeiras eleccións do mes de maio e que encabeza o actual alcalde Ramiro Moure.

José Manuel Barreiro asegurou durante a súa intervención que os municipios gobernados polo Partido Popular “teñen unha marca diferente”, caracterizada polo “rigor e a boa xestión” e esa circunstancia, recalcou, “redunda en beneficio dos veciños”.

“En Taboada temos un bo alcalde, deu mostras do seu bo facer, como no seu momento o fixo tamén o seu antecesor José Ramos, así que agardo que dentro de 18 días volvades a darlle o voso apoio porque en momentos coma o que vivimos, cunha situación económica tan delicada, ter na alcaldía a alguén que garanta unha boa xestión é un luxo que ningún concello deste país está en disposición de poder desaproveitar”, explicou.

O secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro e Jesús Vázquez, entre outros cargos orgánicos e electos do partido, tamén participou na presentación oficial da candidatura popular en Taboada.  

Candidatura

1.- Ramiro Moure Ansoar
2.- Isabel Fidalgo Albor
3.- Luis Gómez García
4.- Sonia Conde Montenegro
5.- José Jesús Ramos Ledo
6.- Pedro Rodríguez González
7.- Marcos Antonio Varela Rodríguez
8.- Dulce María Montes Gómez
9.- Lorena García Osorio
10.- Tito Conde Fidalgo
11.- Vanesa Sobrado Ouro
Suplentes
David Rodríguez Rodríguez
Manuel Fidalgo Otero
Mónica Vázquez Porto
Cristina Ramos Blanco
Noemí Fernández Pernas