Partido Popular de Lugo

O PP aspira a gobernar en A Pobra do Brollón polo que descarta calquera pacto

A Pobra do Brollón, a 3 de maio de 2011.- O Partido Popular é un partido de goberno, firmemente comprometido co futuro de A Pobra do Brollón e cos seus veciños, polo que aspira a recuperar a Alcaldía neste municipio o vindeiro 22 de maio e, por consiguiente, “descarta” pactar con niguén.

En ningún caso, recalcan, o Partido Popular de A Pobra do Brollón sopesaría siquera a posibilidade de chegar a ningún tipo de acordo cunha candidatura que concurre ás elección “por oportunismo e revanchismo persoal” e “co único obxectivo de perxudicar ó PP e evitar que goberne”.

Precisamente as razóns polas que se presentou esta candidatura independente poñen de manifesto, ó entender dos populares, que defender os intereses de A Pobra do Brollón e dos seus veciños, non son o seu obxectivo. “Máis ben ó contrario, deixa claro que loitar e traballar polo benestar, prosperidade, e desenvolvemento deste concello non forma parte das súas prioridades”, explicitan.

Puntualizan, igualmente, que calquer persoa afiliada a unha formación política e que concurra nas listas electorais doutra é automáticamente expulsada, seguindo os preceptos establecidos nos estatutos do partido, circunstancia que calquer militante debería coñecer.
 
O Partido Popular propón para A Pobra do Brollón un programa de goberno serio, realista e realizable, que se encargarán de explicar detalladamente a todos os veciños durante a campaña electoral e co que agardar acadar o respaldo maioritario dos veciños.