Partido Popular de Lugo

Castiñeira califica de falta de respecto o ataque verbal de Orozco contra Feijóo, que unicamente responde ao nerviosismo do alcaldable socialista

Lugo, 3 de maio de 2011.- O candidato do PP, Jaime Castiñeira, lamenta o ataque que o alcalde de Lugo lanzou onte ao Presidente da Xunta “é unha saída fóra de tono que o único que indica é o nerviosismo de Orozco que é incapaz de cumprir o seu compromiso de facer unha campaña limpa e de propostas”, puntualizou o alcaldable popular.

Os populares aclaran que «non renunciamos á maioría absoluta e, é máis, estamos convencidos de que a imos acadar», pero si nos gustaría saber se o alcalde, chegado o momento, vai respectar a vontade democrática e permitir que goberne o candidato que reciba máis votos nas urnas. Nesa liña, lembran que Orozco goberna estes 4 anos sendo a lista máis votada, pero sen a maioría absoluta, polo que piden que acate esta mesma regra. 

Os populares interpretan que as declaracións do alcalde de onte «non son propias do representante dos lucenses, senón dun candidato en apuros ao que non lle saen as contas e que anda moi nervioso. O alcaldable popular lamenta que Orozco se perda con insultos «burdos e pouco orixinais» lembrando que a expresión de trileiro de «tahur do Mississipi» a utilizou Alfonso  Guerra  para descalificar, en 1980, ao ex Presidente do Goberno Adolfo Suárez. «O único que demostra é que está sen ideas e que o seu esgotamento incluso levao a copiar descalificacións xa utilizadas».

Por último, os populares cren que «se, segundo o PSOE, Feijoo vén ao Concello de Lugo porque non confía en Castiñeira, entón Pepe Blanco coa súa omnipresenza está a dicir a berros que o seu alumno avantaxado Gómez Besteiro ten a Deputación máis que perdida». 

Concluíron que «Feijoo fixo máis por Lugo en dous anos que Orozco en 12 anos».