Partido Popular de Lugo

Castiñeira habilitará axudas de ata un 30% para mellorar os edificios de Lugo e recuperar moitos postos de traballo

Lugo, a 2 de maio de 2011.- O candidato popular á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira anunciou esta mañá en rolda de prensa que habilitará axudas de ata un 30% para mellorar a imaxe dos edificios de Lugo e, «non menos importante», recuperar moitos postos de traballo en sectores especialmente castigados pola crise, coma o da carpintería, fontanería, albanelería, calefacción e da construción.

Castiñeira explicou que os profesionais encargados de facer as ITEs gratis aproveitarán a revisión para informar aos propietarios e ás comunidades de medidas para a rehabilitación e o adecentamento das súas vivendas. As axudas oscilarán entre un 20 e un 30%, dependendo do tipo de obras a executar. 

O obxectivo é a reactivación económica do Concello de Lugo, explicou Castiñeira, quen argumentou que mobilizará preto de 6 millóns de euros anualmente, dos que a administración municipal financiará inicialmente un millón, cantidade que se prevé que vaia en aumento, xa que se trata dun plan cuatrienal para desenvolver ao longo de todo o mandato.

Ademais, primarase o aforro enerxético, a salubridade, o aislamento, a accesibilidade e incluso se estudará a posibilidade de subvencionar as licenzas. Argumentou que se asinarán convenios con sectores para que fagan unha redución de prezos cando se faga un traballo conxunto.

As axudas virán a sumarse aos plans que xa existen da Xunta de Galicia e Castiñeira concretou que «o Concello facémolo entre todos» e subliñou que «é máis prioritario mellorar a imaxe de Lugo que cambiar as farolas de Santo Domingo». 

Gratuidade das Inspeccións Técnicas de Edificios.- A medida enmárcase dentro do programa Lugo Renóvate, que tamén inclúe a gratuídade das Inspeccións Técnicas de Edificios para todas as construcións e vivendas. O obxectivo é que as Inspeccións sexan máis cómodas, máis áxiles, máis seguras e menos molestas para os veciños. Asinará convenios cos colexios profesionais relacionados con esta materia, de xeito que o Concello de Lugo quede dividido en diferentes áreas para que cada profesional se ocupe dunha zona concreta e sexa o responsable da área.

Lembrou que «as parroquias foron especialmente castigadas polo goberno Orozco, xa que, igual que os barrios, tiveron que pagar as Inspeccións, mentres que os veciños do casco histórico o Concello regaloulles as ITEs», argumentou. O popular manifestou que a medida presentada hoxe supón non facer veciños de primeira e de segunda, e dar os mesmos dereitos a todos os veciños.

Castiñeira tamén acometerá unha modificación da ordenanza que regula as Inspeccións Técnicas de Edificios (ITEs) para que esta normativa de carácter municipal se limite exclusivamente a aspectos de seguridade e non entre noutras cuestións, coma fai agora o goberno Orozco (fontanería, electricidade, ascensores, etc., que xa teñen outras normativas específicas que as regulan).