Monforte, a 2 de maio de 2011.- “Os monfortinos tedes dúas opcións o vindeiro 22 de maio: ou Julia Rodríguez ou unha reedición da parella de conveniencia formada en 2003 por Severino Rodríguez e José Tomé”, asegurou hoxe José Manuel Barreiro durante o acto de presentación da candidatura do Partido Popular na que tamén participou, entre outros cargos electos e orgánicos da formación política, o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo.
“Debedes meditar a elección”, engadiu Barreiro, “aínda que dende o meu punto de vista a opción é evidente: apostar por un goberno único, cohesionado e disposto a pelexar por volver a encauzar a Monforte pola senda do crecemento, disposto a colaborar e a entenderse co resto das institucións; ou conformarse con máis do mesmo, coas mesmas promesas de sempre pero que, anos e anos despois, seguen sen concretarse en nada”.
Para o presidente dos populares lucenses trátase, en definiva, “de resignarse ou aspirar a máis, de seguir conformándose con fume ou apostar polos feitos”. Segundo recalcou, pese ó tempo transcurrido, nin hai autovía a Ponferrada nin a Chantada, nin tampouco se crearon os postos de traballo prometidos. “Tampouco se pechou o hospital comarcal”, dixo.
“O que si se fixo foi darlle un pulo moi importante ó porto seco, que a anterior Xunta bipartita mantivo esquecido nun caixón; ou mesmo as obras do corredor a Sarria”, explicou. “Uns adícanse a marear as palabras de tanto repetilas e outros preferimos que os feitos nos precedan”, engadiu.
Tras o acto desenvolvido a última hora da tarde en Monforte, o presidente rexional e o provincial do Partido Popular achegáronse a Sober para conversar cos integrantes da candidatura que capitanea Luis Fernández Guitián e posteriormente desprazáronse a Sarria para facer o propio cos membros da lista que encabeza José Antonio García durante unha cea.
Candidatura
1.- María Julia Rodríguez Barreira
2.- José Manuel Puga Gómez
3.- María Purificación Argiz Quintas
4.- Manuel Rodríguez Martínez
5.- Fernando Sánchez Méndez
6.- Rosa María Rodríguez Camino
7.- Francisco José Cela Rodríguez
8.- José Antonio Eiriz López
9.- Miguel Ángel Martínez Llano
10.- María Pérez Naveira
11.- José Rodríguez Liñares
12.- José Ramón López Vázquez
13.- Antonio Francisco López Senra
14.- María Carmen Rita López Franjo
15.- Greta Varela Franco
16.- Ricardo López Plaza
17.- María Corona Pilar Carreira Rodríguez
Suplente
Lorena Silva López
Eleuterio López Louzao
Raúl Díaz Freire